
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG entende que é posible aforrar cartos públicos na campaña electoral do 26X sen recortar en democracia, simplemente con que as forzas políticas estatais acepten suprimir o envío masivo de papeletas ás casas, máis coñecido como mailing. É unha medida que nos permite aforrar 50 millóns de euros e, ao mesmo tempo, ganar en democracia, subliñou a portavoz nacional, Ana Pontón, un aforro real e inmediato de cartos públicos que só require que as forzas políticas estatais deixen de marear e pasen aos feitos. Neste sentido, lembrou que o Bloque predica co exemplo e xa aplicou esta medida nos últimos procesos electorais dos comicios europeos, municipais e estatais. Manteremos o mesmo criterio o 26X, indicou.
Pontón tamén anunciou que o BNG vai solicitar debates nos medios de comunicación públicos entre @s dirixentes políticos de todas as forzas que concorren ás eleccións xerais na circunscrición de Galiza. Queremos saber se ao señor Feijóo lle aburren e lle cansan os debates, como a Rajoy, ou se está disposto a dar a cara, indicou a portavoz nacional, quen confía en que a CRTVG xogue o papel que lle corresponde como medio público, e favoreza estes debates cun formato e un horario de máxima audiencia. A cidadanía ten dereito a ver debater na televisión aos máximos responsables políticos, escoitar e valorar os proxectos de cada partido e decidir desde a liberdade e desde a información.
En relación á duración da campaña electoral, o BNG considera rechamante que os que estiveron catro meses perdendo o tempo en roldas de prensa e facendo o paripé , agora teñan presa para reducir a duración da campaña. Será para que non podamos recordarlles o seu fracaso, criticou Pontón.
A dirixente nacionalista indicou que, unha vez máis, o Bloque vai facer unha campaña austera sen pedir nin un só euro de financiamento á banca, de novo co esforzo e co traballo da militancia e dos e das simpatizantes. Unha fortaleza da que estamos moi orgullosos e da que presumimos, subliñou. Pontón reiterou que Galiza pode converter o fracaso das autodenominadas forzas do cambio nunha oportunidade, e volver recuperar voz propia en Madrid. A iso quere contribuír o BNG o 26X.
Pontón evitou valorar as divisións e discrepancias internas que recollen os medios de comunicación en relación a En Marea, que atribuíu as dificultades de casar intereses cando as alianzas son con forzas políticas que teñen o seu centro de decisión en Madrid. No BNG temos moi claro que é moi difícil que os intereses das forzas políticas de ámbito estatal coincidan cos intereses das forzas que defendemos unha alternativa nacionalista de futuro para este país, que poña por diante dar solucións á situación de emerxencia na que vivimos. En iso traballamos no Bloque, explicou.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.