Noticias

CIRCOM, galardonada con el XX Premio Internacional Compostela de Universidades

El Grupo Compostela de Universidades (CGU) y la Xunta conceden el XX Premio Compostela de Universidades a CIRCOM, la Asociación Europea de Televisiones Regionales de Servicio Público, como reconocimiento por su apoyo a la diversidad y al desarrollo regional en Europa. El presidente de CIRCOM Jean-Marc Dubois defendió el servicio público de TV de proximidad en la Facultad de Ciencias de la Comunicación.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

O xurado do premio, formado por tres representantes da Xunta de Galicia e tres das universidades membro do Grupo Compostela, valoraron o apoio que CIRCOM Rexional fai a prol da diversidade cultural europea, así como “a promoción dos valores de tolerancia e integración na construción da identidade europea”, tal como sinalou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a rolda de prensa. O anuncio fíxose nunha rolda de prensa na que participaron o presidente do Grupo Compostela, Marek Kreglewski, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, o presidente de CIRCOM Rexional, Jean-Marc Dubois, e o secretario xeral desta institución, Fernando Ojea.

Pola súa banda, Jean-Marc Dubois agradeceu o galardón destacando que “o propósito do Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia de promoción do ideal común europeo é exactamente o propósito de CIRCOM”. Ademais, anunciou que a dotación económica do galardón de 6.000 euros será destinada ao Centro da Xuventude Europea, unha organización do Consello de Europa que organiza no mes de xullo un campamento de verán de paz que xuntará en Estrasburgo a mozos europeos e de países en conflito. Este apoio será destinado a que mozos refuxiados sirios poidan participar neste campamento.

Tras o anuncio do premio a CIRCOM Rexional, o seu presidente e o seu secretario xeral mantiveron unha charla-coloquio con estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación baixo o título ‘Canles rexionais de servizo público: unha ferramenta para a democracia en Europa’.

CIRCOM Rexional nace no ano 1983 da man dun grupo de profesionais de diversas televisións europeas co propósito de axudar a desenvolver as identidades rexionais en Europa. A idea de base era utilizar o importante rol da televisión no desenvolvemento da idea de Europa.

Hoxe está formado por unhas 300 canles de televisión de 33 países europeos nas que traballan máis de 10.000 profesionais, e ten como obxectivos principais o intercambio de ideas e experiencias, o fomento das coproducións entre os seus membros, servir de punto de encontro de profesionais e investigadores dos medios e contribuír ao desenvolvemento das culturas e identidades europeas con prácticas innovadoras.

O Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia, desde a súa creación en 1997, galardoou a persoas e institucións senlleiras procedentes de diferentes eidos. Nesta edición, o xurado tivo que decidir entre máis de 20 candidatos. Nas tres últimas edicións o Premio recaeu no programa Erasmus (2015), o científico sueco Lennart Levi (2014) e a canle europea de noticias Euronews (2013).

A cerimonia de entrega terá lugar o 20 de setembro de 2016, no marco da XXII Asemblea Xeral do CGU, que este ano se celebrará na Universitat Jaume I de Castellón.

Fotografía: AIR

R., 2016-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES