Noticias

Núñez Feijóo confirma que no adelantará las elecciones autonómicas para garantizar la estabilidad política en Galicia hasta el otoño

Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Xunta de Galicia, confirma su intención de agotar la legislatura y no adelantar las elecciones autonómicas gallegas para hacerlas coincidir con la repetición de las generales el 26 de junio. Feijóo cree que convocar ahora sería "lo fácil" dada la "fragilidad" de sus rivales, pero que "lo correcto" es que las gallegas sean en otoño. El PPdeG celebra que las gallegas tengan "un debate diferenciado" de unas generales que "deberían haberse evitado".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou que o Partido Popular aborda a nova convocatoria de eleccións xerais e os próximos comicios autonómicos “coa satisfacción de ir facendo ben as cousas no ámbito da xestión pública, pero tamén no ámbito da xestión do partido, onde temos xa determinado tanto o candidato como as persoas que van a empezar a traballar tanto na rendición de contas como no programa electoral”. Puy alertou que “sería malo que a alternativa ao PP estivera encabezada por quen está nun extremo do espectro ideolóxico, que ademais ten dado mostras onde tivo responsabilidades de goberno de que non acaba de ser unha alternativa coherente, nin de goberno nin de xestión, senón máis ben todo o contrario”.

Puy sinalou que a actualidade política vén marcada pola convocatoria de eleccións xerais para o vindeiro 26 de xuño, “unhas eleccións que deberían de terse evitado e que non foi posible desde o momento que diversos grupos preferiron apostar por unha coalición alternativa a aquela que pivotase no Partido Popular como forza que tiña maior respaldo electoral”.

Respecto das eleccións galegas, o portavoz popular avogou por manter o debate diferenciado sobre as nacionais e porque se celebren “cando corresponde e con absoluta normalidade democrática, algo que desgraciadamente comeza a ser atípico na política española nestes momentos, como o demostra a repetición das eleccións xerais”.

Neste sentido, Puy sinalou que neste momento “estamos traballando para completar cuestións importantes que están pendentes antes de que remate a lexislatura”, poñendo como exemplo a tramitación do Plan estratéxico da economía de Galicia ou a reforma da Lei da área metropolitana de Vigo. “Non hai motivo político” para o adianto das eleccións galegas, porque “hai goberno con iniciativas e unha maioría estable que o apoia para continuar o traballo ata que remate a lexislatura”, apuntou.

Pedro Puy referiuse ao Congreso que o Partido Popular de Galicia celebrará esta fin de semana en Ourense para designar o novo Presidente e candidato ás eleccións autonómicas. “A diferenza do que ocorre noutros partidos, nós temos as cousas bastante claras en relación aos liderados e ás mensaxes que queremos transmitir” sobre a situación da economía galega e o descenso progresivo do desemprego, sinalou.

Cuestionado sobre a posibilidade de que o PSOE se sitúe como terceira forza en Galicia, Puy lembrou que “Galicia xa ten antecedentes” neste sentido. Porén, amosouse “prudente” sobre os resultados da converxencia entre PODEMOS e Izquierda Unida, “porque non sempre cando hai coalicións a suma matemática dos votos de cada un dos socios por separado da un total exacto no resultado definitivo”.

Pensando na estabilidade política e na importancia de ver quen lidere a alternativa, o portavoz popular considerou positivo que as opcións de goberno pivoten sobre as forzas que están máis centradas. “É malo para a sociedade que as alternativas de goberno tendan ao distanciamento no posicionamento sobre os grandes problemas sociais”, indicou.

“As sociedades nas que hai unha converxencia dos partidos cara posicións máis centradas avanzan máis, teñen menos conflitos e superan os seus problemas dun xeito máis sólido e firme que as sociedades nas que hai alternativas de goberno pendulares”, manifestou.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de EU:

Dende Esquerda Unida recordamos que arranca o proceso de consulta posto en marcha por Izquierda Unida Federal para que a nosa militancia e simpatizantes dean a súa opinión sobre a procura dunha confluencia con outras forzas políticas, entre elas, Podemos; un proceso participativo que estará aberto dende hoxe ata o vindeiro mércores 4 de maio.

A dirección federal de IU especifica que o obxectivo da negociación aberta é concretar unha coalición que recoñeza que somos “forzas políticas distintas”, que “garanta a visibilidade de cada forza política na campaña” e “no posterior espazo institucional e político que sexa resultado do proceso electoral e que respecte a propia identidade de cada forza política, que ten os seus propios programas e os seus propios liderados”, expoñen.

Sobre a propia consulta, IU fixo chegar ás súas bases a pregunta que deberán votar: Aprobas unha coalición electoral con Podemos e outras forzas de cara ás eleccións do 26 de xuño? Nos dous primeiros días previstos para a consulta poderase votar “Si”, “Non” ou “Abstención” vía Internet, a través da web de Izquierda Unida, mentres que o último día, o mércores 4 de maio, se reserva para o voto presencial nos lugares que habiliten para iso as distintas federacións que compoñen a organización.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de Compromiso por Galicia:

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, asegura que, ante os rumores de cambios na lei electoral no relativo ao voto da emigración, “defendemos o seu dereito a voto, pero en urna e no consulado, como nos países civilizados”.

“Todo pode ser mellorable e débense corrixir os fallos de funcionamento do sistema, pero o voto rogado ofrece unhas garantías que non ofrece o sistema anterior”, asegura Bascuas. Neste sentido, o secretario xeral de Compromiso asegura que “volver ao voto de oficio só favorecerá que se volvan repetir os casos de fraude e que o futuro dos galegos e das galegas sexa decidido por persoas que nunca residiron en Galicia ou que xa non teñen vinculación real co noso país”.

R., 2016-05-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES