Noticias

El paro sube en 5.100 personas en Galicia durante el primer trimestre de 2016, según la EPA

El paro sube en Galicia en 5.100 personas en el primer trimestre del año: un 2,31% más, frente al 0,25% registrado por la media del conjunto estatal. El número total de desempleados en Galicia se sitúa en 227.900, según los datos de la Encuesta de Población Activa (EPA) publicada por el Instituto Nacional de Estadístina (INE). También descendió el número de ocupados en 11.400 en la comunidad gallega y solo Valencia destruyó más empleos (12.800). Los hogares con todos sus miembros en paro se incrementan en Galicia.

Nota de prensa del IGE:

No primeiro trimestre de 2016 en Galicia había 227.900 persoas en paro, 5.200 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumenta 5 décimas ata o 18,2%. Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2015, o número de parados baixa en 47.800 persoas (un 17,3%) e a taxa de paro 3,6 puntos. Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino e o feminino: o número total de homes parados sitúase en 114.600 persoas (3.300 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 113.300 persoas (1.900 máis). A taxa de paro masculina aumenta, en consecuencia, 6 décimas e a feminina 3 décimas, situándose a primeira no 17,6% e a segunda no 18,9%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 28.300 persoas (un 19,8% menos), e entre o feminino en 19.500 persoas (un 14,7% menos que hai un ano).

No primeiro trimestre de 2016, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 5.100 unidades e sitúase en 80.200. Respecto ao primeiro trimestre de 2015 esta tipoloxía de fogares cae un 15,5%. Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados baixa en 6.700 unidades. O número de fogares nesta situación é de 548.800. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 31.000 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 6% en termos relativos.

Dos 330.200 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 117.300 (o 35,5%) están ocupados, 53.700 (o 16,3%) parados e os 159.200 (o 48,2%) restantes son inactivos. A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 35,5% no primeiro trimestre de 2016. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 6 décimas e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2015 medra 2,7 puntos. A taxa de paro xuvenil baixou durante o trimestre 7 décimas ata situarse no 31,4%. En comparación co primeiro trimestre de 2015 diminuíu 5,8 puntos. No primeiro trimestre de 2016, o 76,2% dos ocupados de entre 16 e 29 anos ten xornada completa. Con respecto ao cuarto trimestre de 2015, aumenta o número de mozos ocupados a xornada completa (un 2,1%) pero diminúe o de mozos ocupados a xornada parcial (un 1,8%). Con respecto ao primeiro trimestre de 2015 prodúcese unha suba do 8,8% nos mozos ocupados a xornada completa e unha caída do 4,1% para os que teñen xornada parcial. Dos 101.900 asalariados existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 40,1% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos con contrato indefinido aumentou un 0,7% respecto ao trimestre anterior e un 4,9% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. O número de mozos asalariados con contrato temporal medrou un 2% respecto ao trimestre pasado e un 5,7% respecto ao mesmo período de 2015.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 59,8%. Dos 101.900 asalariados existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 40,1% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos con contrato indefinido aumentou un 0,7% respecto ao trimestre anterior e un 4,9% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. O número de mozos asalariados con contrato temporal medrou un 2% respecto ao trimestre pasado e un 5,7% respecto ao mesmo período de 2015. A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 59,8%.

Se comparamos os datos dos sete grandes municipios galegos, observamos que Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (53,1% e 51,4%, respectivamente) no primeiro trimestre de 2016. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (32,7%) e con maior taxa de paro (27,6%).

No primeiro trimestre de 2016 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.351.100 persoas, das cales 1.249.000 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,1%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 6.200 persoas e a taxa de actividade dúas décimas. Con respecto ao mesmo trimestre de 2015, o número de activos diminúe en 14.200 persoas e a taxa de actividade faino en catro décimas.

Por sexo, a taxa de actividade masculina baixa catro décimas con respecto ao cuarto trimestre de 2015 e sitúase no 57,8%. A taxa de actividade feminina cae unha décima e acada o 48,8%. A ocupación diminúe en 11.400 persoas no primeiro trimestre de 2016 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.021.100 ocupados. A taxa de ocupación cae cinco décimas neste trimestre ata o 43,4%. Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 33.600 persoas, o que supón unha suba do 3,4% en termos relativos.

Neste trimestre baixa a ocupación masculina e a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 8.200 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2015 e a ocupación das mulleres baixa en 3.200 persoas. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha caída da taxa de ocupación masculina de sete décimas e de dúas décimas na feminina. Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2015, o número de homes ocupados aumenta en 13.900 persoas (un 2,7%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 4,2%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados nos servizos baixa en 9.200 persoas no trimestre e sitúase en 723.200 persoas. A construción perde 1.900 empregos con respecto ao trimestre anterior e a industria 1.400. Por outra banda, aumenta a ocupación no sector primario (1.100 persoas) Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2015, o número de ocupados aumenta en todos os sectores de actividade. A ocupación na agricultura e pesca medra un 5,7%, na construción un 3,8% e na industria e no sector servizos un 3,2%.

En Galicia había 797.600 asalariados no primeiro trimestre de 2016, 598.300 con contrato indefinido e os 199.300 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 6.900 asalariados menos con contrato indefinido, o que supón unha diminución do 1,1%. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal baixa en 7.800 persoas (o que supón, en termos relativos, unha caída do 3,8% con respecto ao cuarto trimestre de 2015). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido subiron un 1,1% e os asalariados con contrato temporal un 9,2%. A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, diminúe 5 décimas neste trimestre, ata situarse no 25%.

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega, en relación coa actividade económica, cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de EU:

o Instituto Galego de Estatística fixo pública a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2016, uns datos que, para Juan Fajardo, membro de dirección de Esquerda Unida de deputado de AGE, “poñen sobre a mesa a incapacidade do modelo de goberno do señor Feijóo” á hora de garantir os dereitos da clase traballadora.

“Unha vez máis estamos á cabeza da destrución de emprego no conxunto do Estado. E esas espirais virtuosas de economía, que di Feijóo, o único que significan é que estamos na montaña rusa do emprego, onde crece ou decrece o emprego, pero non porque se cre emprego de calidade, senón porque se está troceando o mercado de traballo e, ese troceamento, fai que uns meses creza e outros baixe o emprego”, explica.

Segundo o deputado, “estamos ante a destrución dun modelo, a precarización e, sobre todo, un dato que é máis importante: crece moito máis o emprego destruído do que crece o desemprego, o que demostra que estamos a perder horas de traballo, produtividade e salario. Polo tanto, o señor Feijóo ten que tomar nota para mudar a súa posición en políticas de emprego e, tamén, para marcharse deste país”, remata.

R., 2016-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES