Archivo de Notas de Prensa

Buscador

Notas

Foto de nota destacada (20261118-usc.jpg) A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Foto de nota destacada (20261118-uvigo.jpg) Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da Facultade de Belas Artes da UVigo.
Foto de nota destacada (veterinaria-USC.jpg) O Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible da USC acollerá o vindeiro venres o encontro anual da Rede Artigo9Tech, unha iniciativa que promove a aplicación do coñecemento científico e tecnolóxico ao ben común e á cooperación para o desenvolvemento, e que reúne profesionais da USC, a UDC e a UVigo,e a diversas entidades sociais, como Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia.
Foto de nota destacada (joseluissoengas-uvigo.jpg) O proxecto europeo Marinnonet, liderado polo Centro de Investigación Mariña da UVigo no marco do programa Interreg Atlantic Area, chega ao seu fin tras tres anos de traballo con resultados que contribúen a fortalecer o sector da biotecnoloxía azul no espazo atlántico. Os socios participaron na xuntanza final e, entre os principais logros, destacaron a creación dunha rede transnacional de cooperación científica e empresarial.
Foto de nota destacada (carlangas.jpg) O festival EmigraSON pecha o cartel para a súa quinta edición, que se celebrará en Bruxelas os días 5 e 6 de marzo de 2027. As últimas incorporacións son Carlangas, 9Louro e Tapa D’Orella, ademais da Asociación Cultural Galega A Roda, de Lausanne, que protagonizará a foliada da primeira xornada. Carlos Pereiro, máis coñecido como Carlangas, é un músico orixinario de Monterroso pero compostelán de adopción. Alí fundou en 2007 Novedades Carminha, unha das bandas galegas máis exitosas das últimas décadas coa que publicou cinco álbumes ata a súa disolución en 2022.
Foto de nota destacada (20261116-udc.jpg) A IA converteuse nun dos fenómenos con maior impacto social dos últimos anos, xerando ao mesmo tempo novas oportunidades e importantes interrogantes éticos, sociais e legais. As súas aplicacións están a transformar ámbitos como a educación, a comunicación, o acceso á información, o emprego ou a toma de decisións. Ao mesmo tempo, o seu avance vai acompañado de relatos, mensaxes e informacións que contribúen a facer pasar por verdade aquilo que non o é.
Foto de nota destacada (20261110-uvigo.jpg) O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
Foto de nota destacada (can-de-palleiro-usc.jpg) A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
Foto de nota destacada (terraverso-2026-udc.jpg) A Casa de Rosalía en Padrón acolleu a presentación pública de 'TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade en torno ao Patrimonio Literario Rural', un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE) e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), na modalidade Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (ACTS).
Foto de nota destacada (contos-inverno-uvigo.jpg) A actriz e narradora oral Atenea García, o poeta e narrador Celso Sanmartín e as e os finalistas do certame 'Bótalle un conto' protagonizarán 'Contos de inverno', o ciclo de contacontos para adultos que promove a Vicerreitoría do campus. Dirixido a pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego, así como subliñar o seu papel na preservación de tradicións, mitos ou lendas, este ciclo desenvolverase os días 19 e 25 de novembro, e 3 de decembro, na Casa das Campás.

Archivo

2026 (287)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES