Notas de prensa

O proxecto do primeiro spa do viño de Galicia recibirá 1.2 millóns de euros da Xunta

A Xunta investirá máis de 1,2 M€ nas obras de rehabilitación dunha nave do Mosteiro de San Clodio para convertela no primeiro spa do viño de Galicia. O DOG publicou o anuncio de licitación para a realización destes traballos incluídos no Plan Termal. A data límite para a presentación de ofertas remata o 30 de setembro.

Turismo de Galicia vén de licitar as obras de rehabilitación e acondicionamento como spa viñoterapia da nave lateral do mosteiro de San Clodio, emprazado no concello ourensán de Leiro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 4 de setembro o anuncio da licitación no que se definen os aspectos fundamentais da contratación para a realización dos traballos. As empresas interesadas en participar no concurso dispoñen o día 30 de setembro para presentar as súas ofertas.

Coa licitación destas obras, que contan cun orzamento de máis de 1.200.000 euros, a Xunta de Galicia converterá as antigas adegas e cortes deste mosteiro cisterciense no primeiro spa viñoterapia da comunidade. Así, se usarán produtos derivados da uva e do viño, entre outros elementos, para distintos tratamentos termais que formarán parte da oferta actual do Hotel Monumento de San Clodio.

Os traballos previstos desenvolveranse co obxectivo de garantir a recuperación íntegra do inmoble e o emprego das súas instalacións para poñer en valor e difundir os recursos turísticos asociados á auga termal e ao viño.

Plan Termal

Este proxecto reforza a aposta de Turismo de Galicia polo termalismo que está a desenvolver diferentes iniciativas que impulsan a revitalización deste sector.

O balneario de Cortegada, o aumento da capacidade da oferta de aloxamento en Verín mediante a conversión da acrópole de Monterrei en Parador ou a creación de novas rutas turísticas como o Ecovía fluvial do Támega ou a ruta do río Caldo son algunhas das actuacións xa finalizadas do Plan Termal.

A execución de accións está a continuar neste ano con actuacións como a sinalización das vilas termais, o inicio dos traballos para a clasificación e definición da oferta termal, o desenvolvemento do programa Turismo Senior Termal de Galicia ou o avance do proxecto Smart Turismo, entre outras.

En total, Turismo de Galicia investiu xa máis de tres millóns de euros en iniciativas integradas neste plan a prol do turismo termal de Ourense en particular e de Galicia en xeral.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-09-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES