Notas de prensa

O deseñador Serkan Cura forma en técnicas da plumería a artesáns galegos

Artesáns galegos fórmanse en Santiago nas técnicas da plumería na alta costura da man do deseñador Serkan Cura. A directora xeral de Comercio visitou o curso no que están a participar 15 profesionais e que forma parte da oferta da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. O experto belga de orixe turca traballou para Jean Paul Gaultier e conta coa súa propia firma en París.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, visitou o curso de “Perfeccionamento de técnicas de plumería para moda” dirixido polo prestixioso deseñador belga de orixe turca Serkan Cura e impulsado pola Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, no marco da súa programación de formación especializada para profesionais do sector.

Un total de 15 artesáns están a participar nesta acción formativa, que se celebra na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela ata o vindeiro sábado, 5 de setembro e coa que se lle dá continuidade ao curso de iniciación á plumería impartido o ano pasado tamén por Serkan Cura. Especializado nas técnicas de plumería que aplica ás súas pezas creativas, Cura graduouse en deseño de moda pola Royal Academy de Amberes no ano 2007. Rematados os seus estudos, uniuse á firma Jean Paul Gaultier de París, onde traballou durante catro anos no taller creativo. Desde 2012, Serkan Cura conta coa súa propia casa de moda en París.

A organización destas actividades de impulso á formación e á colaboración entre artesanía e outras áreas de traballo forma parte da estratexia da Consellería de Economía e Industria para promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal, un dos grandes retos do Plan de Artesanía de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-09-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES