
Este ciclo incluirá obras destinadas ás diferentes idades e garantindo con esta programación bos espectáculos para toda a poboación, segundo afirmou.
Forumáxico arrinca o sábado 5 de setembro coa actuación Mago Marco e o seu Maxia en Familia, un espectáculo, que o mago define como súper moderno, pensado para un publico desde os 0 anos até os 100. Continúa o sábado 12 de setembro co Mago Richard e o seu espectáculo Maxia en Estado Puro, onde maxia e comedia da man do teatro levaran ao público a parcelas totalmente descoñecidas da historia da maxia. A actuación ven acompañada con elementos procedentes doutras artes escénica, cunha importante presencia de fondos musicais, interaccións co público e gags procedentes do mundo clown, ademais doutra arte afín a maxia como é a globoflexia. Unha sesión de ilusionismo concibida especialmente para un público familiar. Unha mistura de maxia e fantasía con efectos sorprendentes, coa participación activa dos rapaces e as rapazas.
Martín Camiña visitará o Fórum o 19 de setembro con Transformando o presente, un espectáculo que mistura maxia e música e que conta coa participación do músico Álvaro Muras. Maxia e melodías pretenden alterar a realidade nun espectáculo cheo de efectos sonoros e emocións visuais. O ciclo remata o sábado 26 de setembro con O fabricante de soños, un espectáculo do Mago Romarís que presentará unha compilación dos seus mellores números, algúns dos cales son creacións propias.
O Forumáxico terá lugar os sábados 5, 12, 19 e 26 de setembro, ás 19.00 horas, no Fórum. As entradas, que teñen un prezo de cinco euros 12 euros o abono 3 familiar pódense adquirir no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 horas (Pagos en efectivo), no despacho de billetes Fórum, o día de función, desde unha hora antes (pagos en efectivo) ou a través dos servizos de televenta: 902 504 500 www.ataquilla.com.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.