Notas de prensa

O Concello de Ourense organiza actividades para fomentar o contacto coa natureza no Botánico de Montealegre

O Botánico de Montealegre organiza actividades para todos os públicos coa fin de pór en valor a relación do medio ambiente coas actividades de lecer. Os obradoiros, de carácter gratuíto, queren fomentar a imaxinación dos máis pequenos e aprendenderlles a entrar en contacto coa súa contorna natural. Os dirixidos aos adultos están orientados a sacarlle o máximo partido aos produtos naturais.

As actividades, organizadas pola Concellería de Medio Ambiente, comezarán esta mesma fin de semana. O sábado 29 (18:00 horas, sen inscrición previa), 'Conservas vexetais', un obradoiro dirixido ao público adulto no que se divulgarán as variedades susceptibles de ser envasadas co gallo de aproveitar as colleitas, moi recomendable para os ususarios das hortas municipais ou para os pequenos agricultores caseiros, un hábito en alza na nosa cidade

O domingo 30 seguiralle o 'Mancha as mans' (ás 11:30 horas, con inscrición previa), para o público máis cativo. A finalidade é que os nenos gocen da sensación táctil da arxila entre os dedos e do proceso creativo de facer algo da nada, concretamente animais. Ao final da actividade, os monitores do farán unha actividade divulgativa acerca dos animais que crearon os rapaces e pintaranos para levar ás súas casas.

Os vindeiros obradoiros serán de Teatro para adultos (sábado 19 de setembro) e Ioga en familia (domingo 20), Introdución á apicultura (sábado 26) e Xoguetes da Natureza (domingo 27). Son todos de carácter gratuíto e só nas actividades para rapaces é necesaria a inscrición a través da páxina web botanicodemontealegre.com.

Aínda que están destinadas a un público xeral. Son moi recomendables para os usuarios dos 53 hortos ecolóxicos do parque de Montealegre.

Concello de Ourense, 2015-08-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES