
Este recoñecemento como destino turístico Starlight, converte a Trevinca nun lugar visitable con boas condicións para a contemplación de estrelas e que está protexido de contaminación lumínica, sendo apto para acoller iniciativas turísticas relacionadas coa contemplación do ceo, así o aseguran dende a Fundación Starlight coa concesión deste certificado. Tal e como asegurou durante a presentación Juan Anta, este certificado significa "unha marca de calidade porque no concello de A Veiga hai un dos mellores ceos do mundo onde ver as estrelas".
Na actualidade con esta nova incorporación son catorce os lugares do mundo que contan con certificado de destino turístico starlight, e Trevinca é o único lugar de Galicia que conta con este certificado. Un sistema de certificación que é avalado pola UNESCO, pola Unión Astronómica Internacional e pola Organización Mundial de Turismo.
Manuel Baltar destacou as condicións "excepcionais de determinadas áreas do concello de A Veiga para contemplar os ceos estrelados" e isto supón que A Veiga entra nunha dinámica e tamén a provincia de Ourense "dun segmento emerxente do turismo que é o astroturismo ou o turismo das estrelas". A Deputación de Ourense colaborou para que fose posible tramitar o expediente para esta certificación que recibiu o concello o pasado 4 de agosto.
O presidente da Deputación de Ourense recalcou que o concello de A Veiga é "un dos concellos máis extensos de Galicia case 300 quilómetros cadrados e é en A Veiga onde se pode estar no sitio máis alto de Galicia nesa Pena Trevinca e os seus 2.127 metros non é o único pico que sobrepasa os 2.000 metros, ten outros tres máis aparte de Pena Trevinca e estamos a falar tamén dun concello que reúne o maior conxunto do ecosistema de turbeiras e de lagoas de orixe glaciar da Península Ibérica despois dos Pirineos".
Pola súa banda, Juan Anta destacou que non sería posible chegar a este punto "sen a colaboración da Deputación de Ourense, a axuda dos asesores astronómicos e do meu antecesor que puxo a primeira pedra neste camiño".
Os asesores astronómicos fixeron un repaso polas características que ten o concello de A Veiga e polo que o converten nun sitio idóneo dende o que ver o ceo estrelado. Entre as súas principais características atópase a baixa contaminación lumínica que ten o concello, a súa gran altitude fai que a atmosfera mostre as súas mellores condicións e ademais, dende A Veiga, pódese ver a Vía Láctea de lado a lado.
No Concello de A Veiga realízanse diferentes actividades que se desenvolven en torno ao mundo da astronomía entre elas a observación de choiva de estrelas ou a segunda edición de Xornadas Astroturismo do Concello de A Veiga os días 11, 12 e 13 de setembro onde o ano pasado participou unha gran cantidade de xente de lonxe do concello. Óscar Blanco afirmou que a idea é facer de A Veiga, "un punto estratéxico na astronomía e nun referente a nivel nacional".
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.