
Dende o 21 ao 30 de agosto, levaremos a cabo o Campo de Traballo Aldea de Salgueiro-Parque Natural do Xurés, organizado dende o Concello de Muíños e Sustinea en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, que se vai a levar a cabo no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense), onde participaremos 25 persoas provintes de Rusia, Italia, Francia, Xapón e España, e onde se levaran a cabo unha serie de traballos encamiñados á conservación e difusión da aldea de Salgueiro e do propio Parque Natural; a creación dun roteiro etnográfico interpretado do Ciclo do pan na aldea de Salgueiro, a creación dun roteiro etnográfico-ambiental polo paso de 12 muíños que dan nome a aldea de Muíños, a recuperación histórica dos pobos do Parque Natural e Salgueiro cos propios poboadores e a construción de refuxios para anfibios.
O obxectivo deste encontro é, crear un exemplo práctico e vivencial da recuperación da Aldea de Salgueiro, da difusión dos valores ambientais do Parque Natural, e da conservación das especies do mesmo como parte do Desenvolvemento Sustentable da Reserva da Biosfera Xurés- Gerês.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.