Notas de prensa

O Plan de Investimentos da ITV en Galicia suma máis de 7 millóns de euros ata 2017

O Plan de Investimentos da ITV en Galicia comprende distintas actuacións que suman un total de 7,1 millóns de euros neste bienio co obxectivo de mellorar o servizo prestado á cidadanía e o correcto funcionamento do parque móbil galego. A empresa Supervisión y Control contempla a apertura de catro novas estacións en Santiago, Nigrán, A Coruña e O Carballiño, que sumarán 7 novas liñas con capacidade para realizar no 2017 máis de 80.000 inspeccións anuais.

A estas liñas cabe sumarlle o investimento realizado na estación da ITV de Espírito Santo, no concello coruñés de Sada, cuxo novo laboratorio de frío permite revisar vehículos refrixerados e supón un importante aforro de custos e tempo tanto para transportistas e empresas como para carroceiros.

Así, a ITV de Nigrán, ubicada no Porto do Molle, contará con tres liñas de inspección e entrará en funcionamento no primeiro trimestre do ano que ven. A infraestrutura xerará, nos dous próximos anos, 12 postos de traballo e pode chegar a atender neste período 41.000 vehículos por exercicio, coa previsión de chegar aos 55.000 no 2020.

Pola súa banda, a estación de Santiago, no polígono de A Sionlla, sumará dous liñas de inspección e ten prevista a súa apertura para o segundo semestre de 2016, co obxectivo de estar atendendo xa, no 2017, máis de 25.000 vehículos e habilitando 8 empregos.

A ITV A Coruña activará unha nova liña e inaugurarase no último trimestre do vindeiro exercicio, facultando 5 empregos e inspeccionando, no 2017, preto de 10.000 vehículos. E a ITV Carballiño incorporará outra liña de inspección no propio 2017, cunha previsión de atender xa ese ano 5.000 vehículos por exercicio e xerar 4 postos de traballo.

Grazas ás novas infraestruturas, os cidadáns verán reducidas as distancias a percorrer para pasar as inspeccións técnicas dos seus automóbiles, así como os tempos de espera. Trala finalización dos traballos, Galicia disporá de 27 estacións fixas e 10 móbiles co obxectivo de garantir que os coches que circulan polas estradas da Comunidade cumpran cos parámetros de seguridade e respecto ao medio ambiente de forma rigorosa, ao tempo que se impulsa a competitividade empresarial.

O investimento fixado pola empresa Supervisión y Control para este bienio súmase aos máis de 3 millóns destinados, no período 2010-2014, á activación doutras 3 estacións ITV que habilitaron 8 novas liñas de inspección.

Supervisión y Control, 2015-08-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES