Notas de prensa

50 concellos ourensáns beneficiaranse da campaña de compostaxe doméstica

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente, Javier Domínguez Lino, asinaron esta mañá no Pazo Provincial, o convenio de cooperación para a realización da campaña de compostaxe doméstica 2015, na provincia de Ourense, en cincuenta municipios adheridos aos convenios de cooperación para a xestión delegada do servizo de recollida de RSU.

A firma deste convenio entre a Deputación de Ourense e Sogama supón, tal e como puxo de manifesto Manuel Baltar, "seguir apostando pola compostaxe doméstica, e sobre todo, por campañas de concienciación medioambiental".

O obxectivo desta campaña é formar e informar sobre a reciclaxe doméstica da materia orgánica ademais de servir de promoción e fomento de boas prácticas medioambientais.

Como en anos anteriores, esta actuación non só pretende subministrar os composteiros senón tamén, realizar xornadas divulgativas, e no referente a isto, como novidade este ano, proponse a inclusión duns puntos de divulgación mediante a instalación de carpas de sensibilización social denominadas "Carpas de compostaxe". Actualmente, a campaña deste ano abrirase para tódolos cidadáns residentes nalgún dos cincuenta concellos aos que a Deputación lles presta o servizo de recollida de RSU en réxime de competencias delegadas, incluíndo á última adhesión do ano 2015 que é o Concello de Vilariño de Conso.

A campaña de compostaxe doméstica 2015 na provincia de Ourense contempla un orzamento de 40.000 euros dos que a Deputación Provincial sufragará o 50% do importe e Sogama asumirá o 50% restante, polo tanto, aportará cada unha das entidades que asinaron o convenio, 20.000 euros, encargándose a Deputación de Ourense de coordinar todo o proceso, asumindo directamente a dirección e supervisión dos traballos a executar, tanto en relación á dotación de medios materiais (composteiros e material divulgativo de apoio) como en torno á propia operativa de formación, seguimento e divulgación.

Ademais, o convenio contempla a posibilidade de levar a cabo a campaña a través de medios propios das entidades participantes, ou a través de calquera fórmula de xestión indirecta.

Manuel Baltar destacou que a Deputación de Ourense "é un goberno verde, un goberno que ten unha aposta clara pola protección do medioambiente e que no eido da recollida de lixo ten un papel vertebrador con case tódolos Concellos da provincia, de feito, estamos en máis de cincuenta ocupándonos desa competencia exclusiva municipal que a Deputación fai por delegación e que nos converte nun referente nacional como goberno provincial". E engadiu "é unha aposta irrenunciable, un compromiso medioambiental que forma parte da marca de identidade desta casa da Deputación de Ourense que considera imprescindible seguir por esta liña e que celebra hoxe que Sogama, a Sociedade Galega de Medio Ambiente, entenda que tamén a cooperación coa Deputación é fundamental para a súa traxectoria".

Deputación de Ourense, 2015-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES