Notas de prensa

A USC traballa na posta en marcha do Campus da Cidadanía

O reitor informou no Consello de Goberno do estatus quo deste novo proxecto de Campus de Excelencia.

Converterse nun referente nacional e internacional de excelencia no ámbito da investigación e a docencia en Ciencias Sociais e Humanidades. Ese é o obxectivo do proxecto Campus da Cidadanía no que a Universidade de Santiago está a traballar para sometelo dentro dun ano á aprobación da Xunta de Galicia.

O reitor Juan Viaño presentou no Consello de Goberno a memoria inicial do proxecto, formulado como un campus transdisciplinar que xunta saberes de ámbitos tan diversos como a pedagoxía e as didácticas, a psicoloxía, o dereito, a criminoloxía, a socioloxía, a economía, a empresa, a ciencia política, a filosofía, a antropoloxía e a lóxica, as ciencias da cultura, o xornalismo e a comunicación, a lingüística e a literatura, a historia e a historia da arte, da música e do cine, a xeografía, a arquitectura e o urbanismo.

Nos eidos das Ciencias Sociais, Xurídicas e Humanidades, a USC conta con máis de 100 grupos de investigación, dez facultades, unha ducia de centros de investigación e máis dun milleiro de persoas dedicadas ao estudo do ser humano como elemento nuclear da sociedade, o que implica prestar atención a unha gran variedade de aspectos á vez que representa unha oportunidade de desenvolvemento para as cidades de Santiago de Compostela e Lugo.

Cese do vicerreitor Salgado

Na mesma xuntanza deuse conta do cese, a petición propia, do vicerreitor de Internacionalización, Carlos Salgado, que deixa o seu cargo no goberno da Universidade por causa das cada vez maiores responsabilidades que a Unión Europea lle está requirindo con respecto ao proxecto de investigación polo que acadou unha Starting Grant, como el mesmo explicou aos membros do Consello de Goberno.

O profesor do Departamento de Física de Partículas recibiu en 2011 unha Starting Grant to European Research Council para realizar o proxecto ‘Hot and dense QCD in the LHC era (HotLHC)’ en colaboración co CERN. Salgado é un dos cinco Starting Grant que na USC lideran importantes grupos e proxectos investigadores. “É precisamente este traballo o que me impide dedicarlle o tempo necesario á Vicerreitoría”, dixo. Á volta do verán o reitor nomeará á persoa que lle substituirá.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2015-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES