Notas de prensa

O tren Al Andalus percorre algúns dos paraxes máis emblemáticos do Camiño

Turismo de Galicia e Renfe puxeron en marcha esta iniciativa na que se enmarcan tamén os sete Trens Turísticos de Galicia, o Tren do Peregrino, o Tren dos Balnearios e o Galicia Rail Pass. Trátase dunha oportunidade única para facer o Camiño a bordo dun tren de luxo que inclúe desprazamentos, aloxamento, excursións con guía e restauración a bordo.

A estación de ferrocarril de Santiago de Compostela recibiu aos viaxeiros do tren Al Andalus que está a percorrer algúns dos paraxes máis emblemáticos do Camiño de Santiago.

Os viaxeiros que percorren o traxecto que une León e Santiago de Compostela realizan o Camiño de Santiago viaxando a bordo deste tren turístico de luxo que combina a gran oferta gastronómica de primeiro nivel coa oportunidade de descubrir paisaxes e de realizar numerosas actividades relacionadas co turismo cultural.

Esta proposta turística, que realiza o itinerario pola Ruta Xacobea por terceiro ano, inclúe desprazamentos, aloxamento en cabinas con equipamento completo, excursións con guía e restauración a bordo ou nos restaurantes máis selectos do traxecto do Al Andalus Camiño de Santiago.

A viaxe implica un percorrido de cinco días, catro noites, polas paraxes máis emblemáticas do Camiño de Santiago. O punto de partida foi León, para visitar Astorga, Monforte de Lemos, a Ribeira Sacra, Ourense e Santiago de Compostela.

A parada en Santiago incluíu visitas con guía á cidade e cea no parador dos Reis Católicos durante a terceira xornada da viaxe.

Na seguinte etapa viaxarán a Vilagarcía de Arousa onde poderán gozar dun paseo en barco para descubrir as espectaculares paisaxes da Ría de Arousa e unha visita a Cambados, capital do Albariño, na véspera da visita á Coruña.

Para rematar a experiencia os viaxeiros regresarán ao tren onde farán a súa última comida a bordo mentres o Al Andalus se volve encamiñar a León, onde conclúe a viaxe.

Tren Al Andalus

Al Andalus é o tren máis amplo do mundo que realiza percorridos turísticos de gran luxo polas vías ferroviarias españolas.

O tren consta de sete coches- suite, cinco deles construídos en Francia a finais dos anos vinte. Unidos aos coches- suite salóns, tamén fabricados polas mesmas datas, conforman un tren con aroma Belle Epoque que é un dos principais atractivos turísticos ferroviarios nacionais.

Ten capacidade para un total de 64 persoas distribuídas en 32 suites de diferentes tipoloxías.

Programa ‘Galicia a todo tren’

O tren Al Andalus forma parte do programa ‘Galicia a todo Tren’ que Turismo de Galicia promove en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico -Inorde-.

Esta innovador programa que proporciona ao viaxeiro un novo modo de descubrir algúns dos recursos turísticos máis singulares de Galicia, ofrece tamén sete rutas que permiten descubrir as diferentes zonas de Galicia con variadas temáticas: a Ruta dos Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e as cinco Rutas do Viño que recorrerán os distintos territorios onde se producen as denominacións vitivinícolas galegas: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras.

Así mesmo, como novidade nesta edición, este programa inclúe o Tren dos Balnearios, unha nova posibilidade dirixida a maiores de 50 anos que brinda a posibilidade de aloxarse durante seis días, en réxime de pensión completa, nos balnearios ourensáns de Laias, Carballiño, Arnoia, Baños de Molgas o Lobios e realizar circuítos culturais pola zona elixida.

Outra das grandes novidades do programa é o Tren do Peregrino que realizará catro saídas de cinco días -catro noites- ao longo do mes de agosto a Galicia partindo de Madrid para percorrer un traxecto do Camiño de tres etapas que os viaxeiros poderán facer a pé ou na súa bicicleta, coa que poden viaxar a bordo.

Continúa tamén nesta nova edición o Galicia Rail Pass que un ano máis permitirá a peregrinos e turistas que cheguen a Galicia en trens de largo percorrido ou co pase dos trens turísticos utilizar os trens da rede de Renfe en Galicia cantas veces queiran durante tres días en fins de semana, pontes e festivos, e na temporada de verán.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES