Notas de prensa

A Xunta presenta unha distribución de enlaces da autovía da Costa da Morte baseada na seguridade viaria e na funcionalidade

A Axencia Galega de Infraestruturas realizou un estudo do que se conclúe que a situación do enlace de Coristanco é o adecuado, polo que finalmente se mantén no lugar previsto dende o inicio.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou que a Xunta de Galicia primou a seguridade e a funcionalidade á hora de solucionar os accesos da Autovía dende os concellos de Zas, Cabana de Bergantiños e Coristanco. Así o puxo de manifesto tras a reunión que mantivo cos alcaldes destes tres municipios e na que tamén participou o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.

A conselleira destacou que a solución adoptada foi despois de escoitar a todas as partes implicadas e tendo en conta as reclamacións veciñais; polo que estamos ante “a mellor solución técnica por funcionalidade (por tempo de recorrido, tráficos, conexión coa estrada convencional), e por seguridade, xa que son as que aportan maior visibilidade e a lonxitude entre enlaces”.

Salientou que a Axencia Galega de Infraestruturas realizou un estudo do que se conclúe que a situación do enlace de Coristanco é o adecuado, polo que finalmente se mantén no lugar previsto dende o inicio. Seguindo os mesmos criterios –tráfico, funcionalidade e seguridade viaria, recordou a conselleira- determinouse que a mellor solución era substituír os enlaces plantexados inicialmente, da Piolla e da estrada AC-423, por un novo enlace situado entre estes dous: o enlace de Rempenín.

No caso de Zas, tamén se decidiu reformar a intersección da estrada de Zas coa AC-552, executando unha nova rotonda, posto que a perigosidade desa intersección era o principal motivo da demanda do enlace na Piolla, e considerou que se soluciona con esta medida.

En resumo, garántese unha maior accesibilidade permitindo aproveitar ao máximo as potencialidades desta vía para toda a comarca, e sobre todo para que a Costa da Morte conte cun maior dinamismo económico e xere máis oportunidades para todos os habitantes.

Expropiacións

A conselleira de Medio Ambiente tamén avanzou que no mes de agosto quedarán pagadas todas as expropiacións desta autovía. Recordou que o Diario Oficial de Galicia publicaba recentemente a convocatoria para estes pagos para as xornadas do 30 e 31, de xeito que nos vindeiros días quedarán pagados outros 3,5 M€.

Sinalou que a Xunta instou á empresa concesionaria que avance un paso máis no pagamento das expropiacións, para que, nos casos que están pendentes de resolución no Xurado de Expropiación, se paguen xa os límites de acordo.

Infraestrutura estratéxica

A conselleira de Medio Ambiente manifestou que a Autovía da Costa da Morte é unha infraestrutura estratéxica para lograr a vertebración de toda a comarca e tamén unha infraestrutura fundamental e imprescindible para o desenvolvemento económico, industrial e turístico da zona.
Salientou o traballo levado a cabo pola Xunta de Galicia para lograr que esta vía se puidese executar, traballando sen descanso, resolvendo atrancos, solucionando problemas, e que hoxe permite afirmar que a autovía estea en plena execución e a pleno rendemento.

Por último, indicou que se está a redobrar esforzos para conseguir que a Autovía da Costa da Morte, cun 50% do proxecto entre Carballo e Baio executado, sexa unha realidade no próximo verán, xa que na actualidade traballan na zona máis de operarios e unhas máquinas.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES