
É por esta razón que na xunta de portavoces do Parlamento galego desta mañá, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) volveu esixir a convocatoria dun pleno extraordinario ao respecto. A solicitude debaterase na deputación permanente da Cámara da semana que vén.
Se queren realmente dotar este Parlamento de contido e non facer un xogo de hipocrisías, sinalou en comparecencia antes os medios de comunicación a viceportavoz de AGE Yolanda Díaz, poden convocar a comisión das caixas, discutir as conclusións da comisión de investigación da corrupción, convocar unha mesa polo emprego que analice tamén a desindustrialización do país, ou procurar solucións á crise demográfica. Mais o Partido Popular dedícase a se repartir entes públicos como o Consello de Contas ou o consello de administración da CRTVG co PSdeG, nun reforzamento funcional do bipartidismo.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.