
Isabel Castelo Villanueva, concelleira de Turismo e Termalismo, representou ao Concello de Ourense na presentación do I Congrerso Internacional da Auga que tivo lugar na Vicerreitoría do Campus de Ourense, e que se inscribe no ámbito da feira internacional Termatalia. As opinións e conclusións do encontro, que terá lugar os vindeiros 23 e 24 de setembro, deben servir para contribuir ao desenvolvemento do termalismo da nosa cidade e provincia en termos de avance sostible para as futuras xeracións, en palabras de Castelo Villanueva.
Na organización do Congreso, amáis da área de Termalismo, o Concello de Ourense tamén estará representado pola concellería de Educación, cuxa titular, Belén Iglesias, comprometeuse a levar a educación da auga ás aulas de infantil e primaria. Completan a nómina de colaboradores do Congreso a Deputación Provincial e Expourense.
Ourense recibe este simposio co alcume de Capital Termal, e pretende vencellar a súa celebración a suma de sinerxias entre institucións públicas e empresas privadas, ligadas neste caso ao encontro da feira Termatalia. Neste sentido, a concelleira confiou no potencial investigador da Universidade e animou aos participantes a que sigan traballando, logo da súa celebración, para conseguir os máis altos estándares de calidade de vida que nos ofreza o termalismo, especialmente en Ourense.
A achega do Concello de Ourense é modesta no económico (6.000 euros), pero non no esforzo humano. O propio Concello será o protagonista en dúas das 80 comunicacións científicas do simposio: 'Monitorización do xacemento termal de Ourense por medio de pezómetros de control' e 'Emprego das tecnoloxías da información para xerar unha ferramenta de base lóxica e con alto poder de síntese que contribúe á xestión do xacemento termal da cidade de Ourense'. Expertos de países como Brasil, Arxentina, Portugal, Italia ou Estados Unidos participarán activamente no Congreso.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.