Notas de prensa

A Xunta colabora na xornada organizada por Expourense para o fomento do uso das enerxías renovables

A actividade, que chega este ano a súa novena edición, está dirixida a profesionais do sector e consumidores finais e desenvolverase o vindeiro xoves no recinto feiral. Contará coa participación de investigadores de Alemaña, Holanda, Suecia, Suíza e España.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou na rolda de prensa que serviu de presentación da IX Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que terá lugar o vindeiro xoves, día 18, no recinto feiral de Expourense. Martínez destacou a importancia da promulgación e difusión do uso de enerxías limpas como eixo básico para o futuro enerxético de Galicia.

O delegado territorial resaltou que este evento trátase “dunha aposta pola divulgación do uso das enerxías renovables e a eficiencia nun momento económico como o actual, no que reducir custos está presente tanto nas empresas como a nivel particular, xa que segundo estimacións da Comisión Europea, a eficiencia enerxética pode supor un aforro anual de 1.000 euros por familia”. Neste senso, lembrou que a Xunta de Galicia ten en marcha o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Vivendas Galegas que busca “mellorar pautas de consumo e contribuír á diminución da factura enerxética das familias, que representan o 14% do consumo enerxético na nosa comunidade” asegurou Martínez. O novo plan chegará este ano a 2.800 fogares galegos e permitirá acadar un aforro económico de 3 millóns de euros ao ano, evitándose a emisión á atmosfera de máis de 10.000 toneladas de CO.

Rogelio Martínez afirmou que a eficiencia enerxética e o impulso das fontes renovables configúranse como dous dos piares básicos de actuación na política enerxética do Goberno galego. Neste senso, o máximo representante da Xunta subliñou tamén a aposta polas renovables, como xa se está a facer coa Estratexia integral de impulso da biomasa que permitirá este ano a instalación de 1.000 equipamentos de biomasa en familias, empresas e Administración galega.

“A eficiencia enerxética é unha redución do gasto constante no tempo que mellorará o noso posicionamento económico, a competitividade da nosa economía e o abaratamento dos custos de produción de todo aquilo que se faga na nosa comunidade, sen esquecer que tamén supón un aforro para o consumidor final” asegurou Rogelio Martínez, ao tempo que lembrou que Galicia foi a primeira comunidade española en facilitar a creación de clusters vencellados ás renovables como é o caso de Acluxega, de xeotermia ou Cruergal, de enerxías renovables. “Isto implica o compromiso non só con este tipo de enerxías senón coas empresas que apostan por elas”, indicou.

A xuntanza reunirá en Expourense a varios dos líderes mundiais nestas materias; expertos creadores de investigacións, metodoloxías e produtos que son o referente a seguir polos profesionais do sector. Esta xornada ofrecerá experiencias pioneiras procedentes de Alemaña, Holanda, Suecia e Suíza e Portugal, e complementarase coa presentación das iniciativas e liñas de axudas ás empresas do sector tanto do IGAPE como da Axencia Galega de Innovación,GAIN.

Estas xornadas, organizadas por Expourense, contan coa colaboración do IGAPE e a asesoría da empresa ourensá de investigación xeotérmica INGEO.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-carretilla.jpg) Galicia pechou abril con 1.103.820 afiliacións á Seguridade Social, 16.386 cotizantes máis ca en abril do ano pasado, e con 112.293 persoas no paro, 3.252 menos que no mesmo mes de 2025. No caso das afiliacións, na comparativa anual aumentan nun +1,51 % e tamén medran na comparativa mensual (+7.944 afiliacións máis, +0,72 %). De feito, en termos intermensuais, trátase do segundo maior aumento, tanto en termos absolutos como relativos, dun mes de abril desde que hai rexistros, despois do acadado o ano pasado. En relación co desemprego, este cae tanto na comparativa anual, cun descenso do -2,81 % como na mensual, neste caso cun recorte do -2,07 %, o que implica 2.377 persoas desempregadas menos con respecto a marzo.
Foto de la tercera plana (20260505-xunta.JPG) O evento celebrarase o 8 de xuño e concentrará a máis de 30 chefs con Estrella Michelin, nunha cita que, como definiu o organizador, Rogelio Rial, 'non só pon en valor o talento culinario, senón tamén o noso territorio, o Camiño de Santiago e a capacidade dun lugar como Negreira para acoller un evento deste nivel'. Esta edición homenaxearase ao célebre cociñeiro Juan Mari Arzak e colaborarase coa asociación Art for Dent, reforzando o compromiso social da iniciativa.O director de Turismo de Galicia puxo en valor a conexión entre gastronomía e Camiño de Santiago que impulsa a iniciativa.

Notas

A UDC vén de obter máis dun millón de euros para reforzar a investigación en computación e comunicacións cuánticas no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Este financiamento, concedido no marco dunha convocatoria impulsada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Axencia Estatal de Investigación, permitirá dotar ao centro de novas capacidades científicas nun ámbito clave para o desenvolvemento tecnolóxico das próximas décadas.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, conta desde agora cun novo catálogo. Nel recóllense en imaxes e texto dez mostras, de arredor dunha vintena de artistas moi diversos, que foron expostas nos seus muros entre setembro de 2023 e xullo de 2025 no marco do ciclo expositivo Recipro-edadiC, dirixido polo artista en profesor xa xubilado da Universidade de Vigo Javier Blanco Sierra.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES