A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna do Cámara Baixa para defender a emenda á totalidade presentada polo BNG á proposición de lei do PP que reforma a vixente Lei do Aborto na cuestión das menores.
Davila acusou ao PP de utilizar argumentos falsos á hora de presentar esta proposición de lei porque o artigo 13.4 da lei vixente contémplanse toda as cautelas necesarias para as mulleres de 16 e 17 anos que deciden interrumpir o seu embarazo. Ademáis, puxo de manifesto que menos do 10% das mulleres desta franxa de idade abortaron sen estaren acompañadas dos seus proxenitores e estivo suficientemente xustificado debido a problemas como o desarraigo familiar ou a violencia familiar.
Considerou a deputada do BNG que desde a seriedade non se entende esta proposta do PP. E cremos que o PP hoxe está a optar por salvar votos de cara as elecións, e o BNG está a optar por salvar a moitas mulleres que se verán abocadas a abortar na clandestinidade.
Desenvolvan as políticas de prevención
A portavoz do BNG fixo un repaso do consenso acadado na lexislatura pasada á hora de aprobar a vixente Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo. Destacou o feito de que foi unha lei moi reflexionada que se caracterizou por longas sesións de ponencias, e polos traballos da Comisión de Estudo que albergou multitude de comparecencias de persoas do mundo científico, do mundo xurídico, sanitario, educativo, do traballo social ou das ONG´s.
E aínda que houbo persoas que sostiñan os argumentos que o PP trae hoxe aquí, era un sector moi minoritario, afirmou.
Davila sinalou que a lei actual deu resposta á unha demanda social, e agora as mulleres teñen garantías xurídicas e sanitarias á hora de abortar. Ademáis, salientou a parte de medidas de prevención contidas na lei para reducir o número de abortos. De feitio, subliñou, os dados poñen de relieve que desde que a lei está en vigor se reduciu o número de abortos.
Afirmou Davila que a lei pode ser obxecto incluso de melloras no futuro pero actualmente non está suficientemente desenvolvida na cuestión de políticas de prevención e de reducción de abortos. Neste sentido, salientou a necesidade de mellorar este aspeito contido na lexislación actual.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.