Notas de prensa

Destínanse 1.5 millóns de euros ao Plan de conservación da praia das Catedrais

Ordenar o uso público do enclave e garantir o seu coidado son os principais obxectivos do Plan de conservación da praia das Catedrais que, logo da gran afluencia de visitantes rexistrada no verán de 2014, permite 4.812 visitas diarias entre xullo e setembro. A autorización pode conseguirse 15 días antes na web http://ascatedrais.xunta.es.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa posterior ao Consello, a aprobación do Plan de Conservación da Praia das Catedrais, dotado cun investimento de 1,5 millóns de euros para os próximos 10 anos, co fin ordenar o uso público deste enclave natural e garantir o seu coidado.

Como lembrou o mandatario galego, a gran confluencia de visitantes da Praia das Catedrais obrigou a poñer en marcha accións inmediatas, desenvolvidas xa no verán de 2014, e accións a medio prazo, como as que contempla o Plan de Conservación do Monumento Natural que hoxe se aprobou no Consello.

Nesta liña, Feijóo salientou que o obxectivo da Xunta é ordenar o uso público da praia para que sexa compatible o seu desenvolvemento como recurso turístico coa conservación do medio ambiente. Como engadiu, este enclave da Mariña lucense non é só “unha das nosas praias máis fermosas, senón que é un espazo único e recoñecido por varias figuras de protección ambiental”. De feito, recordou que, aparte de ser considerado monumento natural, conta con interese xeolóxico e mineiro e forma parte da Rede Natura 2000 e da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terra de Burón.

Por este motivo, o Goberno galego ve preciso, segundo explicou Feijóo, dar pasos decididos para evitar a súa degradación pola presión turística e garantir que os seus valores ambientais se manteña ao longo do tempo.

Como engadiu, iso é o que pretende este Plan de Conservación, que ademais “é froito do diálogo e da participación de diferentes administracións”, así como o resultado dunha “diagnose científica sobre as principais ameazas que afronta este espazo protexido”.

Os obxectivos do Plan de Conservación

Entre as medidas que inclúe o Plan, Feijóo fixo fincapé en que “establece unha regulación do acceso público nos momentos de maior afluencia”, permitindo 4.812 visitantes diarios nos meses de xullo, agosto, setembro e en Semana Santa.

Así mesmo, o titular da Xunta puxo en valor que o Plan propón cinco obxectivos estratéxicos. O primeiro deles, segundo asegurou, será avanzar no coñecemento do espazo protexido, así como dos riscos e das ameazas que encara. Neste punto, prevese un inventario de hábitats naturais e de especies de flora e fauna silvestre.

En segundo lugar, Feijóo avanzou que o Plan tratará de evitar a perda da biodiversidade e loitará pola conservación de hábitats, mediante o seguimento e control das especies exóticas invasoras e mellorando o estado de conservación da matogueira costeira.

Ademais diso, outro dos obxectivos estratéxicos basearase en acadar un uso ordenado e compatible coa conservación dos valores naturais do espazo. Así, ademais de regular o acceso nos períodos de maior confluencia de visitantes, apóstase por favorecer a desestacionalización da demanda. Do mesmo xeito, está prevista a difusión da normativa de uso público e o control e vixilancia do seu cumprimento.

Por outra banda, o titular do Goberno galego fixo fincapé na importancia de apostar pola mellora paisaxística do patrimonio natural, para o que se recollerán medidas como a ordenación e homoxeneización dos paneis informativos de diferentes organismos; a eliminación de noiros artificiais e a recuperación da topografía orixinal do terreo, cando sexa necesario; iniciativas para mitigar ou reducir o impacto visual dos equipamentos e das infraestruturas existentes ou previstos; desenvolver actuacións para ordenar os accesos e áreas de aparcadoiro e a venda ambulante, así como para a promoción de medios de transporte alternativos ao vehículo particular; ou a ordenación dos sendeiros e accesos interiores ao monumento natural.

Por último, o Plan tamén avogará por favorecer o compromiso social, fomentando o coñecemento e a implicación na conservación do monumento natural, mediante a promoción de campañas e da coordinación con outras administracións, coa comunidade científica e coa poboación en xeral.

Segundo concluíu Alberto Núñez Feijóo, trátase dun Plan “que fará posible unha xestión máis eficiente dos recursos públicos” e que cómpre valorar como “unha oportunidade, sen dúbida, de desenvolvemento económico para o sector turístico, para a hostalería e para o ocio, compatibles coa conservación dos valores ambientais que motivaron a declaración de Monumento Natural das Catedrais”. “En consecuencia, o que queremos, é que se siga visitando un monumento que temos a obriga de conservar e este é o primeiro Plan de Conservación integral que se acomete por un Goberno en relación á praia das Catedrais”, aseverou o presidente da Xunta, que tamén lembrou que o acceso ao enclave seguirá sendo gratuíto e que a partir do vindeiro 1 de xullo os visitantes deberán contar cunha autorización que poderá conseguirse desde 15 días antes na dirección web http://ascatedrais.xunta.es.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES