Notas de prensa

O BNG pide retirar as reválidad e adiar a LOMCE en Galicia

O deputado do BNG, Cosme Pombo pediu ao PP que escoite á Comunidade educativa, as AMPAS e sindicatos que demandan mellorar o ensino público galego tras continuos recortes.

O parlamentario do BNG, Cosme Pombo defendeu unha Moción para pedir a retirada do Decreto das reválidas e adiar a LOMCE en Galiza.

Na súa intervención, o deputado afirmou que as novas reválidas son requisito imprescindible para acceder ao seguinte ciclo, pero o obxectivo do PP é outro, “establecer características xerais das probas de avaliación final das probas de educación primaria, secundaria obrigatorias e máis do bacharelato” deixando a unha importante parte do alumnado fora do sistema educativo. Volven outra vez as reválidas do franquismo baixo criterios comúns a todo o territorio do Estado que nos pretende “uniformizar a todos”.
A Comunidade educativa galega rexeitou a reválida no terceiro de primaria, e manifestouse en contra dunha lei que impide a educación do alumnado en igualdade de condicións. O decreto das reválidas só busca, dixo, “mercantilizar e privatizar o ensino público”.

Para o deputado, a LONCE afonda na recentralización e resulta especialmente “nociva” para o ensino galego. Outras Comunidades Autónomas, explicou, presentaron recursos por invasión de competencias educativas e mesmo acadaron acordos co ministerio para que fosen respectadas as súas linguas mentres Galiza “non fixo nada”.

Cosme Pombo lembrou que no anterior pleno preguntou, ao conselleiro de Educación, a través dunha Interpelación, se tiña previsto reclamar as competencias galegas e recorrer o decreto, pero unha vez máis, dixo o nacionalista, “o conselleiro limitouse a ler unha nota e non formulou ningún compromiso”.

O parlamentario do BNG lamentou que o deputado do Partido popular, Hipólito Fariñas afirmara que o Goberno garante a igualdade de condicións e oportunidades nun sistema educativo forte e coas competencias para o que foi deseñado. Fariñas acusou á oposición de presionar aos país para “facerlles ver algo que non é”. O portavoz do PP pediu aos grupos da oposición que se sumaran ás probas de avaliación porque supoñen un instrumento útil para mellorar o sistema educativo.

O parlamentario do BNG reiterou que o sistema de reválidas, é “clasista, segregacionista e pretende botar ao alumnado con menos posibilidades fora do sistema educativo público” e lamentou que o Partido popular sega no camiño de excluír “aos sectores máis desfavorecidos da nosa sociedade”. A comunidade educativa “está farte de ver como recortan profesorado, orzamentos e agora o préstamo universal gratuíto do libro de texto”. Escoiten vostedes as Ampas, aos sindicatos e a Comunidade educativa”, demandou o deputado.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2015-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES