Notas de prensa

O pemento de Mougán súmase á lista de produtos galegos con selo de calidade

O DOG publica a aprobación do seu regulamento e o do seu Consello Regulador, trala súa inscrición no rexistro europeo de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a aprobación do Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán e do seu Consello Regulador provisional. Ademais noméase un consello regulador provisional encargado de poñer en marcha a indicación xeográfica. Con esta nova incorporación son xa 31 os produtos galegos que contan coa protección dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica.

Para a súa inscrición derradeira, houbo que remitir aos servizos da Comisión Europea o prego de condicións e a restante documentación necesaria para o seu rexistro como indicación xeográfica protexida. Tras estudar toda a documentación, este produto galego foi inscrito no rexistro europeo de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, certificando así a súa calidade.

Pemento de Mougán

O ámbito xeográfico da IXP Pemento de Mougán comprende a totalidade do territorio do concello lugués de Guntín. O nome da denominación “Mougán” é o do topónimo desta parroquia, dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital. As características deste produto veñen recollidas no propio Diario Oficial de Galicia.

A inscrición do produto como indicación xeográfica protexida baséase tanto nas súas características específicas ligadas ao territorio -por tratarse dun ecotipo de pemento adaptado ás condicións desta área- como pola súa reputación, fundamentalmente recoñecida no ámbito da Comunidade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES