
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que grazas ao Camiño de Santiago poucos pobos como Galicia teñen a fortuna de contar cunha rede de embaixadores tan ampla, entusiasta e eficaz.
Durante a celebración do I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Feijóo afirmou que esta ruta é unha realidade viva, como o testemuñan os máis de 237.000 peregrinos que chegaron a Galicia o ano pasado, procedentes de 140 nacións distintas, un récord histórico nun ano non santo. E é unha realidade que se mima e se coida, como proba o Plan integral de Turismo de Galicia no que a Ruta Xacobea é o eixe fundamental, e un amplo plan de acondicionamentos e melloras, que inclúen un Centro Internacional de Acollida de Peregrinos.
Así mesmo, o titular do Goberno galego afirmou que grazas a esta ruta, Galicia e Compostela seguen sendo no século XXI un punto de encontro onde se xera a globalización máis auténtica, que é a dos sentimentos. O Camiño de Santiago estalle dicindo ao home de hoxe que existe un tipo de espiritualidade e relixiosidade humanista, fraternal, aberta e tolerante, dixo, cualificando a actividade das Asociacións de Amigos do Camiño de admirable e necesaria, xa que son aseverou- un factor de paz, de humanidade e de entendemento.
Logo de lembrar que a Ruta Xacobea foi declarada Primeiro Itinerario Cultural Europeo e Ben Patrimonio da Humanidade; foi premiada co Premio Príncipe de Asturias da Concordia, e proclamada Embaixadora da Marca España, Feijóo subliñou que, se ben todas estas distincións énchennos de orgullo, o maior galardón é a existencia desta rede universal de amigos que, de forma altruísta e xenerosa, propuxéronse prolongar o sendeiro e facelo interminable.
Nesta liña, afirmou que as trescentas asociacións de Amigos do Camiño esparexidas por todo o mundo, demostran que non hai etapa final, porque quen se fai peregrino, nunca deixa de selo. A chegada ao Obradoiro marca o inicio dun novo traxecto que o peregrino leva consigo ao seu lugar de orixe. Unha vez alí, iníciase unha nova andaina grazas á forza espiritual atesourada rumbo a Compostela, engadiu.
Por último, o responsable autonómico afirmou que así como os que peregrinaban con San Francisco fai oitocentos anos buscaban un punto de apoio fronte ao insondable e descoñecido, hoxe, nós desexamos equilibrar o predominio da tecnoloxía coa espiritualidade. Resistímonos a converter a técnica nun novo ídolo e reivindicamos esa parte do ser humano que non pode ser reducido ao meramente maquinal. E tamén nos une en torno ao Apóstolo o desexo de inspiración fronte a un mundo conflitivo no que algúns converteron a relixiosidade en fanatismo, concluíu.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.