Notas de prensa

AGE denuncia o desmantelamento da rede de escolas infantís de Abanca

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) alerta de que o peche dos centros de Lugo e O Poio deixará 70 familias sen posibilidade de acceder a un servizo educativo fundamental impedindo a conciliación da vida laboral e familiar. AGe acusa ao PP de favorecer un pelotazo bancario que supuxo a privatización dunha importante parte do patrimonio artístico, cultural e social.

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia o desmantelamento da rede de escolas infantis da Fundación Obra Social (Afundación) de ABANCA despois de se coñecer o peche previsto do EEI do Sagrado Corazón en Lugo e a CEI O Campelo de Poio. O ano pasado pechara xa a de Monforte de Lemos co que cos novos peches unicamente quedará a de Coruña en funcionamento.

O deputado de AGE, Ramón Vázquez, ven de presentar diversas iniciativas no Parlamento de Galicia denunciando estes peches de dúas escolas infantís fundamentais para as comunidades educativas onde se atopan e imprescindibles para a conciliación da vida familiar e laboral as familias destas dúas localidades. De feito, o peche destas dúas escolas deixaría a preto de 70 familias non só sen a posibilidade de acceder a un servizo educativo fundamental senón que faría inviable a conciliación dos horarios laborais e familiares nun contexto de crise como o actual, onde os ingresos das familias son cada día máis baixos. Trátanse ademais de dous centros xestionados pola Xunta de Galicia, que deste xeito “está a permitir o desmantelamento de servizos educativos fundamentais para a cidadanía, quen ademais de soster estas entidades cos seus aforros, financiou o seu saneamento con diñeiro público”.

Con este peche serían xa tres as escolas infantís pechas pola obra social das antigas caixas dende que no curso 2013 pechara a EEI de Monforte, polo que son quedaría un dos catro centros de educación infantil existentes dende que se acometeu a fusión e posterior venda das Caixas de Aforro de Galicia.

Cabe recordar que a obra social das antigas Caixas de Aforro, erguida cos aforros de milleiros de galegos e galegas ao longo de décadas, é depositaria dun importante anaco do patrimonio artístico e cultural de Galicia, que foi entregada pola Xunta de Galicia do Partido Popular xunto coas propias Caixas de aforro, a un banco privado venezolano por 1.003 millóns de euros despois de recibir máis de 9.000 millóns de euros en axudas públicas. O pasado ano a entidade resultante, ABANCA, declarou uns beneficios de 1.157 millóns de euros, unha cifra de negocio redondo que confirma a venda a prezo de saldo denunciada por AGE. Trátase como sinala o deputado Ramón Vázquez “de todo un pelotazo bancario favorecido polo Goberno galego do PP, quen ademais obstruíu gravemente o funcionamento da Comisión de Investigación parlamentar constituída para aclarar o desfalco e desaparición das antigas Caixas”. Un pelotazo bancario que non só implicou a desaparición dunha entidade financeira galega, como ferramenta esencial para a dinamización económica do noso pais,, senón tamén a privatización dunha extensa colección de 5.596 obras de arte, entre as que destacan 2.437 obras pictóricas, 392 esculturas e 2.130 obras gráficas, edificios de grande valor arquitectónico e patrimonial e tamén, da prestación de servizos de atención a maiores, escolas infantís, centros de ensino entre outros moitos.

Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda presentou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para solicitar á Xunta de Galicia que inste á Fundación Galicia Obra Social (Afundación) de ABANCA a manter abertas e en funcionamento a Escola de Educación Infantil do Sagrado Corazón e Lugo e o Centro de Educación Infantil O Campelo de Poio, así como o resto dos seus servizos socioeducaticos presentes en Galicia.

Así mesmo, o grupo parlamentar de AGE solicitar a celebración urxente dunha reunión urxente do padroado da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) onde ten representación o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia, para analizar a organización, planificación e funcionamento dos servizos educativos e sociais previsto por esta entidade de interese social.

Gabinete de Comunicación AGE, 2015-06-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES