
O obxectivo é claro: dar a coñecer a problemática ambiental do lixo mariño que afecta a todos os mares e océanos do planeta. Este 2015 son 28 praias nas que haberá algunha actividade de limpeza esta fin de semana, participando case 40 entidades de moi diversa índole. Centros de ensino, asociacións ecoloxistas, concellos, entidades ambientais, fundacións, asociacións veciñais, de mariñeiros/as etc. participan nesta xornada de voluntariado e concienciación ambiental.
As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Ben ao contrario, son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cais son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema.
Desde ADEGA editamos un Protocolo de limpeza de praias que se reparte entre as persoas participantes na xornada. No protocolo explícase de xeito sinxelo cais son os pasos a seguir antes, durante e logo da limpeza, para unha actuación ecolóxica. Ademais no protocolo faise fincapé noutros aspectos importantes dos ecosistemas litorais que deben ser coñecidos polos voluntarios e voluntarias que participen nesta actividade.
As praias, moito máis que area
As praias son espazos sensíbeis que acubillan unha interesante e fráxil biodiversidade. O voluntariado evitará en todo momento pisar as dunas (naquelas praias nas que todavía exista este ecosistema) xa que contribúe ao seu deterioro e afecta á súa estabilidade e as fráxiles especies que alí habitan.
Por iso só retiraremos o material plástico e de orixe humana. Moitas praias están cubertas de algas, indicadoras da riqueza, biodiversidade e produtividade dos nosos fondos mariños. O argazo non é lixo, é o alimento de moitas especies que á súa vez serven de alimento a outras moitas. Por iso recolleremos os residuos antrópicos respectando a diversidade natural do ecosistema.
Un habitante moi especial
A píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é un pequeno paxaro en situación de ameaza nas nosas costas, do que quedan moi poucas parellas en Galiza, polo que debemos protexelas. Esta ave aniña na parte alta da praia e os seus ovos están moi ben camuflados na area, polo que ao camiñar pola praia corremos o risco de pisalos.
Por iso non realizaremos ningunha limpeza en praias que estean consideradas como "áreas prioritarias de conservación" da píllara. Porén, existen praias que poden ser áreas potenciais para o aniñamento desta especie, e nas que faremos un seguemento especial comprobando previamemnte a presenza de niños. De feito noutras edicións da limpeza atopamos novas localizacións que contrinuiron a un millor coñecemento e protección desta especie en Galiza.
No caso de avistarmos algunha píllara os grupos de voluntariado poderán observar esta ave e recibirán a información precisa para coñecer un dos nosos tesouros naturais. A realización de limpezas manuais e de actividades de educación ambiental son algunhas das recomendacións do Plano de Conservación da Píllara das Dunas, vixente desde xaneiro de 2014, para millorar a situación da especie.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.