Notas de prensa

O BNG pide que se incrementen os horarios e frecuencias dos servizos ferroviarios

Ana Pontón afirma que o PP mantén silencio sobre o accidente de Angrois porque “situaríao ante un espello no que non se podería mirar”.

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón volveu a reclamar hoxe para Galiza, “servizos ferroviarios dignos” e o incremento de horarios e frecuencias atendendo ás necesidades dos usuari@s.

Na súa intervención, a deputada criticou a creación dunha xerencia de cercanias cando en realidade, afirmou, “non existen trens de cercanías”, pero “que tomadura de pelo e esa” igual que a do Sr. Agustín Hernández cando gastou un millóns de euros en estudos de viabilidade para un metro lixeiro en Vigo, Coruña e Santiago, “pura propaganda á costa de recursos públicos” que logo negan para “modernizar o ferrocarril”.

Por outra parte, a nacionalista recordou aos deputad@s do Partido popular o Pacto do Obradoiro asinado entre Feijóo e o ex-ministro José Blanco, pero hoxe puntualizou, estamos falando de cousas máis básicas, polo que demandou máis frecuencias nas liñas con maior demanda contemplando as necesidades laborais e de estudantes usuarios e usuarias do ferrocarril para poder usar este medio entre cidades e vilas.

Se as frecuencias foran incrementadas, aseverou, o número de usuarios e usuarias do ferrocarril sería moito maior, non só entre Coruña e Vigo senón tamén no resto do país para que as persoas de Ordes, Carballiño, Padrón... “tamén teñan dereito a utilizar este medio”. Neste sentido, recalcou que foi o Partido popular o que eliminou servizos de media distancia, concretamente, a Sra. Ana Pastor.

Ana Pontón non quixo falar do accidente de Angrois do que dixo o PP “ten mala conciencia” porque sabe que con maiores sistemas de seguridade ese accidente se tería evitado e por iso queren manter o silencio porque “a verdade situaríaos nun espello non que non se poderían mirar”.

Os votos do grupo maioritario do PP impediron que prosperara a Proposición non de lei do BNG destinada á mellora dos servizos ferroviarios e o incremento de horarios e frecuencias dos trens galegos así como a creación dunha rede de cercanías.
O deputado do PP, Alejandro Gómez argumentou que a Liña do Eixo Atlántico é un “éxito” e non precisamos máis melloras.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2015-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES