A EGAP acolleu o I Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Educación Superior. Innovación, Calidade e Institucionalización`, organizado en conxunto entre este organismo e a USC, en colaboración coa Rede de Excelencia ´Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento` do Ministerio de Economía e Competitividade, ao que asistiron máis de 150 persoas.
Na súa inauguración participaron a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López Pereira; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e o profesor Miguel A. Santos Rego, coordinador da Rede e Presidente do Comité Organizador.
Durante o acto, a directora da EGAP sinalou que un dos retos más importantes é adaptar o ensino universitario ás circunstancias actuais. É necesario un cambio da cultura universitaria. Neste sentido, Sonia Rodríguez-Campos subliñou que o sistema educativo precisa novas formas de ensinanza que dean resposta ás demandas actuais e que vaian máis aló da idea principal de aprender e coñecer.
Pola súa banda, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, apuntou que é preciso unha mellora da calidade da ensinanza nas universidades. O profesor non só é un mero comunicador da aula. As capacidades cognitivas e as actitudes son cada vez máis importantes. Ademais, fixo fincapé en que é necesario un cambio de mentalidade de profesores, alumnos e institucións. Isto é un proceso básico para o futuro das universidades.
A continuación, o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López Pereira, asegurou que a universidade ten que saír cara á fóra e preocuparse do seu entorno social. O Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) é o contexto idóneo para implantar a aprendizaxe-servizo. Finalmente, o profesor Miguel A. Santos Rego, Presidente do Comité Organizador, apuntou directamente á responsabilidade social e cívica das universidades a través da aprendizaxe.
O prestixioso catedrático da Teoría da Educación na Facultade de Pedagoxía da Universidade de Barcelona, José María Puig Rovira, foi o encargado de dar a conferencia inaugural sobre ´Aprendizaxe-Servizo e a innovación na universidade: sentido e posibilidades`. Na súa intervención, sinalou que a incorporación da ApS na universidade é unha innovación que precisa unha filosofía, unha metodoloxía e unha organización.
A aprendizaxe-servizo é unha filosofía de responsabilidade social da universidade que require un compromiso cívico, unha colaboración entre a universidade e a comunidade, una formación ética, crítica e cidadá dos alumnos e unha mellora da docencia e a investigación.
Durante a mañá tamén participou a profesora Lorraine Mcllrath, que falou sobre a experiencia da aplicación da ApS no Universidade irlandesa de Galway e as estratexias para a súa institucionalización nos centros de educación superior.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.