Notas de prensa

As claves para a consolidación dun sector turístico competitivo, na formación e a calidade

Na inauguración do programa de formación SICTED ·Claves para a xestión do modelo, a directora de Turismo de Galicia destacou que a Xunta impulsa iniciativas a prol da formación e o asesoramento para lograr un tecido empresarial formado por empresas e profesionais turísticos competitivos para facer da calidade un elemento diferenzador do noso destino.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inuagurou o programa de formación SICTED “Claves para a xestión do modelo” no Centro Superior de Hostalería de Galicia, en Santiago de Compostela.

O programa, que se desenvolverá desde hoxe ata o próximo xoves en xornadas de mañá e tarde, ofrece toda a información necesaria acerca do distintivo SICTED para a xestión deste modelo de calidade.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou que a formación é un piar fundamental no desenvolvemento dun sector tan variable como o turístico, que cada día se actualiza e redimensiona.

Nava Castro incidiu na importancia da formación afirmando que a aposta por esta é unha baza fundamental e un elemento imprescindible para a consolidación dun destino competitivo. Neste senso, a responsable de Turismo de Galicia destacou que a Xunta de Galicia impulsa iniciativas a prol da formación e o asesoramento para lograr un tecido empresarial formado por empresas e profesionais turísticos competitivos.

Segundo explicou Nava Castro, esta aposta da Administración turística galega pola formación esta reflectida no Plan integral de turismo o cal dedica unha das súas liñas estratéxicas ao fomento do talento. “Así desde Turismo de Galicia desenvolvemos un plan de acción específico orientado á formación especializada en cada un dos diferentes ámbitos do sector turístico de Galicia”, resaltou.

Neste senso, Nava Castro destacou, entre outras accións, a Escola de Turismo Itinerante, unha iniciativa posta en marcha por Turismo de Galicia co obxectivo de fomentar a accesibilidade á formación a todas as empresas e ofrecer unha formación a medida adaptada á realidade de cada negocio e o seu entorno.

Firme aposta pola calidade

Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia referiuse á calidade - tema arredor do cal xira o programa formativo- como dunha das claves do sector turístico por constituír un elemento distintivo e un factor de diferenciación dun destino no mercado global.

Nava Castro resaltou que o distintivo SICTED certifica, por un lado, o gran esforzo desenvolvido polos axentes turísticos da Comunidade galega a prol da optimización do servizo que prestan, e por outro, unha xestión solvente.

A responsable de Turismo de Galicia asegurou que o obxectivo da Xunta é traballar conxuntamente co sector para facer da calidade un elemento diferenzador do noso destino, “un concepto que nos distinga e nos identifique nos mercados internacionais”, resaltou.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que neste momento en España se traballa na implantación do SICTED en 186 destinos turísticos con máis de 5.000 empresas distinguidas e Galicia conta con cinco destinos integrados neste sistema de calidade español. “Estas certificacións están en consonancia coa aposta pola calidade na oferta e nos servizos que rexe a política turística da Xunta de Galicia”, afirmou.

Nesta liña Nava Castro explicou que desde Turismo de Galicia se impulsan axudas ao sector para conseguir os distintivos de calidade e desenvólvense iniciativas en prol da calidade turística como é o feito de que Turismo de Galicia realice as funcións de Delegación Territorial do Instituto de Calidade Turística Española en Galicia.

A directora de Turismo de Galicia afirmou que a calidade dos establecementos, servizos e produtos turísticos convértese nun feito diferencial e proporciona unha vantaxe competitiva fronte a outros destinos con oferta similar. “Para acadar éxito nas políticas de calidade é fundamental o compromiso e a implicación conxunta, tanto da Administración turística competente como do propio sector”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-05-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES