Notas de prensa

Promóvese o turismo de cruceiros no evento Cruise 360, en Florida (USA)

O turismo de cruceiros é un sector en alza na nosa comunidade que moveu en Galicia máis de 345.000 pasaxeiros no ano 2014, polo que se presenta aos operadores máis importantes do leste dos Estados Unidos. O turismo galego tamén se promociona no Travel Market Latin América, en Brasil.

Turismo de Galicia participou no evento Cruise 360 que se celebra na cidade de Fort Lauderdale en Florida co obxectivo de promover a nosa comunidade como destino de cruceiros no leste dos Estados Unidos de América.

Neste encontro profesional, no que participaron os operadores turísticos especializados máis importantes desta área xeográfica, desenvolvéronse xuntanzas de traballo, seminarios e conferencias, nas que Turismo de Galicia contactou cos operadores turísticos e consignatarios norteamericanos.

Deste xeito, Turismo de Galicia participou en xuntanzas individuais con axentes turísticos especializados en cruceiros, e en distintas reunións colectivas para difundir os valores e os servizos turísticos de Galicia, en xeral, e a capacidade para atraer cruceiros, en particular.

O turismo de cruceiros, un sector en alza

O turismo de cruceiros é un sector en alza na nosa comunidade e así o demostran os datos.

O turismo de cruceiros en Galicia pasou de mover uns 120.000 pasaxeiros en 2003 a máis de 345.000 en 2014. Concretamente a nosa comunidade recibiu no pasado ano a un total de 345.665 pasaxeiros de cruceiros, o que supón un incremento do 1,1% en relación ao 2013.

O turismo de cruceiros presenta, polo tanto, un gran potencial e un gran recursos desestacionalizador, xa que a súa influencia alárgase dende o mes de abril ata outubro principalmente.

A cidade de Vigo foi a que máis pasaxeiros de cruceiros recibiu no pasado ano cun total de 176.019 e un incremento do 2,5% en relación ao ano anterior. Deste xeito, o porto do sur de Galicia acolleu o 50,9% do total dos cruceiristas que chegaron a nosa comunidade.

No segundo lugar situouse o porto de A Coruña, o cal albergou un total de 129.597 pasaxeiros procedentes de cruceiros, un 37,4% do total.

Á cidade de A Coruña síguelle o porto de Ferrol cun total de 39.017 pasaxeiros, o que supón o 11,3% do total. Compre destacar o espectacular incremento rexistrado por este porto que no pasado ano incrementou os seus cruceiristas nun 295,5%, en relación ao ano 2013.

Por último, o porto de Vilagarcía acolleu 1.032 pasaxeiros de cruceiros ao longo do 2014, o que supón o 0,3% do total de cruceiristas que visitaron a nosa comunidade.

WTM Latin América

Por outra parte, o turismo galego estivo tamén presente en Brasil na feira World Travel Latin América. Esta foi a primeira vez que Turismo de Galicia participa neste certame profesional que celebra este ano a súa 3ª edición, dentro do marco do encontro anual da Asociación Brasileira de Operadoras de Turismo – Braztoa-.

Galicia recibiu o ano pasado un total de 280.000 turistas estranxeiros procedentes de América, dos que 55.000 foron brasileiros, dato que supuxo o 5,2% dos turistas estranxeiros totais que visitaron Galicia en 2014.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES