Notas de prensa

Arranca a edición de primavera do concurso de pinchos Sabores de Ourense

Ata 50 locais da cidade ofrecen as súas mellores propostas gastronómicas en pequeno formato. O lugar elixido para a presentación é o Tapa Negra, local gañador do último concurso, que participa co pincho Traspés. O público pode votar polos seus pinchos favoritos e optar a gañar premios, este ano tamén a través dunha app.

Dentro da múltiple oferta de ocio que presenta a cidade de Ourense, a Concellería de Turismo do Concello de Ourense presentou esta mañá unha das máis importantes pola súa tradición e participación do público: o concurso de pinchos Sabores de Ourense Primavera 2015. A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, deu o pistoletazo de saída destas dúas semanas [do 24 de abril ao 10 de maio] nas que ata 50 locais da cidade ofrecerán as súas mellores propostas gastronómicas en pequeno formato. O lugar elixido para a presentación é toda unha declaracións de intencións: o Tapa Negra, local gañador do último concurso, que nesta edición participa co pincho Traspés.

O concurso de pinchos ten para a cidade e o atractivo que supón para os seus visitantes: “A marca #saboresdeourense afiánzase como unha fortaleza turística xunto ás xa recoñecidas do termalismo, o patrimonio cultural e artístico das que nos sentimos plenamente orgullosos”, confirmaba Mónica Vázquez. “Mantemos o número de participantes respecto a edicións anteriores, gañando adeptos para a causa, unha oferta máis que variada para o público ourensán e todos cantos nos queiran visitar. Pero renovamos a aposta pola calidade das propostas”, afirmou a responsable de Turismo, que tamén quixo agradecer o apoio e complicidade da Unión de Hosteleiros de Ourense (UHO) na xestión do concurso.
O secretario da UHO, Javier Outomuro, incidía pola súa parte na “profesionalización do concurso coa a idea de que os locais participantes se involucren de maneira activa, e non só creando o mellor pincho posible de modo que o turista sinta a entrega dos hosteleiros de cara a este concurso”. Desde a asociación profesional destacouse tamén a importancia do desenvolvemento da marca Sabores de Ourense, de forma que “ano tras a ano se revalorice con todas as actuacións relativas á promoción da gastronomía”.
Así, xunto aos responsables de Turismo e da UHO, tamén asistiron Benjamín Vázquez, xefe de márqueting do grupo Coren, e Roberto Goñi, xerente do Consello Regulador da DO Ribeiro, marcas ambas que souberon entender a importancia da iniciativa empresarial neste tipo de certames, e que este ano colaboran co SaboresdeOurense como patrocinadores do mesmo.

O concurso

Como en anos anteriores, o custe do pincho non supera os 2,50 euros e a maioría dos locais elaboran bocados aptos para celíacos ou adaptables para eles. Así mesmo, na páxina web de saboresdeourense.turismodeourense.com/primavera2015 inclúese información sobre os alérxenos dos alimentos. Na categoría de votacións, seguirá habendo tres xurados: o profesional, con recoñecidos nomes do mundo da cociña, o da prensa, e o do público, que só por participar entra no sorteo de diversos premios cedidos polos patrocinadores e colaboradores do concurso. Poderano facer de dúas formas diferentes: a través da papeleta tradicional, logo de probar tres pinchos, e, como novidade desta edición, tamén a través dos seus teléfonos móbiles e tabletas grazas a unha innovadora app que se poderán descargar gratuítamente tanto para as plataformas de iOS coma de Android.
Igualmente, os organizadores animan o público a subir os seus pinchos favoritos á rede acompañados do hashtag #saboresdeourense.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2015-04-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES