Notas de prensa

O Centro Superior de Hostaleria de Galicia participa na conferencia International Hospitality Research en Suiza

O encontro, no Hospitality Tourism Management Institute en Soerenberg, en Suiza, é un dos máis prestixiososdedicados á educación na xestión hoteleira e o turismo en Suiza. A esta conferencia internacional bianual son convidadas as máis prestixiosas universidades e escolas de hostalería mundiais.

Turismo de Galicia, a través do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), participa na Conferencia International Hospitality Research en Suíza.

O encontro celébrase ata o venres 24 de abril, no Hospitality Tourism Management Institute en Soerenberg, un dos máis prestixiosos centros dedicados á educación na xestión hoteleira e o turismo en Suíza.

Nesta conferencia internacional, que celébrase cada dous anos, son invitadas as máis prestixiosas universidades e escolas de hostalería de todo o mundo.

Nesta ocasión, o Centro Superior de Hostelería de Galicia participa xunto coa Universidade do Ulster, de Reino Unido, e a Steinbeis University Berlin, de Alemaña.

Así, a directora do CSHG, Patricia Cuevas, impartirá unha conferencia titulada “Futures, Predictions and Education” que versará sobre as tendencias futuras e modelos educativos nos programas académicos de hostalería.

Ademais, o Centro Superior de Hostelería de Galicia organiza un taller específico para alumnos da escola suíza sobre habilidades e competencias que deben desenvolver os futuros líderes na hostalería.

Centro de referencia a nivel internacional

Grazas a iniciativas como esta o Centro Superior de Hostalería de Galicia continúa consolidándose como unha escola de prestixio internacional.

Na actualidade, o CSHG é considerado un centro de referencia a nivel internacional na industria turística, grazas ao apoio deste proxecto por parte da Xunta de Galicia e aos máis de 2.000 alumnos que se sumaron a esta iniciativa apostando polo Centro e que hoxe traballan nos hoteis e restaurantes de todo o mundo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-04-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES