Notas de prensa

Encontro de Infancia e Educación Social: implicacións no traballo cotián dos cambios lexislativos

Na Coruña, o 17 de abril, na facultade de Ciencias da Educación, o grupo de traballo Escaravellando do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organiza este encontro.

Está dirixido a educadoras/es sociais, outros profesionais do ámbito da Infancia, estudantes de titulacións do eido social e educativo, particulares interesados nestes campos… O obxectivo é analizar as implicacións que supón a reforma lexislativa que se está plantexando a nivel estatal no tocante ao sistema de protección de menores, que afectará ao traballo cotián e ao funcionamento dos recursos de atención á infancia en situación de risco e desamparo.

Entre outros, contará coa presenza de Jaume Funes, psicólogo, educador e xornalista especializado no mundo da infancia e adolescencia e as súas dificultades sociais, que ten realizado diversas investigacións e escrito varios libros e numerosos artigos sobre este tema, e que ostentou o cargo de defensor dos dereitos da infancia en Cataluña entre 2004 e 2006.

Alberto Fdez. de Sanmamed, 2015-04-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES