Notas de prensa

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento visibiliza as súas accións nun portal web

É a ferramenta chave para lograr que toda a experiencia e o coñecemento xerado nas universidades galegas, “que asumimos o noso rol como actores relevantes da cooperación internacional ao desenvolvemento”, poida ser empregado “na procura dun mundo máis xusto”.

As universidades galegas puxeron en marcha en 2014 co apoio económico da Dirección Xeral de Relacións Externas e coa Unión Europea da Xunta de Galicia a Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD).

Nunha primeira fase, as institucións promotoras elaboraron unha diagnose para coñecer o punto de partida nesta materia e crearon un portal Web (www.rgcud.gal) que servirá para visibilizar toda as actuacións que teñen en marcha as universidades no eido da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD) e a Educación para ao Desenvolvemento (EpD) e potenciar o xurdimento de sinerxías que melloren o impacto das actuacións.

Deste xeito, a RGCUD pon a disposición de universidades e da sociedade unha base de datos de accións de CUD e EpD executadas coa participación universitaria. Á súa vez, elabora un plan de formación anual destinado á comunidade universitaria galega e informa sobre as convocatorias existentes en CUD e EpD.

En total, a base de datos recolle información de preto de 500 accións executadas dende 2012, así como referencias de actualidade neste ámbito, información sobre convocatorias, recursos e ligazóns de intereses que permitan unha maior efectividade de futuras propostas aproveitando todo o traballo previamente para darlle un maior alcance, tal e como se sinalou na presentación celebrada este martes coa intervención do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo Aller, e a técnica do Servizo de Integración e Participación Universitaria da USC, Carolina Lodeiro. Asistiron ademais a adxunta para apoio a Residencias, Cultura e Empregabilidade da USC, María del Carmen Segura Iglesias; o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernandez Iglesias; e a vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación da UDC, Natalia Álvarez Lata.

Sensibilización

Xunto ao portal web, esta rede universitaria distribuirá entre a comunidade universitaria de todos os campus galegos material de cartelería que contén diversas experiencias notorias de boas prácticas en cooperación e educación para o desenvolvemento que se están levando a cabo nas tres universidades. Trátase así de sensibilizar sobre as múltiples alternativas que para as universidades existen neste ámbito.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2015-04-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES