Notas de prensa

O Orfeón Lucense ofrece unha misa por Francisco Cacharro Pardo

Francisco Cacharro mantivo unha fonda amizade co fundador do Orfeón, José Castiñeira Pardo, e durante a súa presidencia na Deputación Provincial protexeu a Escolanía José Castiñeira e apoiou de xeito decidido ao Orfeón.

O ORFEON LUCENSE ofrece unha misa por Francisco Cacharro Pardo

O Orfeón Lucense vai ofrecer unha misa na memoria de Francisco Cacharro Pardo, o venres, 17 de abril, ás sete da tarde, na igrexa parroquial de Santiago-A Nova. Francisco Cacharro mantivo unha fonda amizade co fundador do Orfeón, José Castiñeira Pardo, e durante a súa presidencia na Deputación Provincial protexeu a Escolanía José Castiñeira e apoiou de xeito decidido ao Orfeón, que tutelaba esta Escolanía. Por iso a agrupación coral lle concedeu, hai xa máis dunha década, a insignia de ouro do Orfeón.

A misa, cantada polo Orfeón, dirixido polo seu titular, Marcos Fernández Mosquera, e á que asistirá a a familia Cacharro-Gosende, será oficiada por Xesús Mato, Director Emérito do Orfeón, e Luis Varela Castiñeira, párroco de A Nova. O Orfeón comprácese en invitar a esta celebración aos amigos de Francisco Cacharro e a tódolos simpatizantes desta agrupación coral.

Orfeón Lucense, 2015-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES