Notas de prensa

A IX Feira da Artesanía do Ferro, o 19 de abril en Riotorto (Lugo)

A IX Feira da Artesanía do Ferro que se celebra o 19 de abril porá unha vez máis en valor a tradición ferreira do concello así como doutras zonas da xeografía galega e nesta edición, tamén, da comunidade foral de Navarra, converténdose nun dos principais reclamos turísticos da comarca.

Haberá numerosas actividades coma demostracións de oficios tradicionais, exposición de artesáns e productos do campo (con máis de 110 expositores de diversa índole), animación de rúa, música e sobor de todo a actividade principal que é “motor” da propia feira – A Demostración en Vivo do traballo dos ferreiros que para esta edición contarase coa participación dos Ferreiros de Riotorto, Ferreiros de A Fonsagrada, Alberto Leis, Friederich Brasmasteidl e os ferreiros do Centro de Interpretación da Forxa Brun deNavarra.

A creación artística do cartaz, foi deseñada, coma nas pasadas edicións, polo artista mariñán afincado en Brion, Xosé Vizoso.

Ademáis contaremos coa exposición “Mans de Ferro”, que se centra na figura dos ferreiros en homenaxe á súa profesión e que amosará distintas pezas artesanais de ferreiros da provincia lucense.

Comité Organizador da IX Feira da Artesanía do Ferro, 2015-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES