Notas de prensa

O luns 13 de abril comeza a funcionar nos centros de saúde de Galicia o servizo Conecta 72

Trátase dun servizo que garante o seguemento aos pacientes hospitalizados nas horas posteriores á alta médica. O presidente da Xunta precisa que no momento da alta xerarase de forma automatizada unha cita na axenda de enfermaría de Atención Primaria, de tal xeito que os pacientes recibirán nas 72 horas seguintes unha consulta telefónica.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, na rolda de prensa do Consello, que o vindeiro luns comezará a funcionar en todos os centros de saúde o servizo Conecta 72, que garante seguimento aos pacientes hospitalizados nas horas posteriores á alta. Como sinalou o mandatario galego, con isto dáse cumprimento a un dos compromisos adquiridos no último Debate sobre o Estado da Autonomía.

Máis polo miúdo, Feijóo precisou que no momento da alta xerarase de forma automatizada unha mensaxe na axenda do médico de cabeceira e da enfermeira de cupo do paciente e unha cita de consulta telefónica na axenda de enfermaría de Atención Primaria, de tal xeito que todos os pacientes que sexan dados de alta nun hospital recibirán nas 72 horas seguintes unha consulta telefónica por parte do persoal de enfermería do seu centro de saúde.

Así mesmo, na chamada, o profesional valorará distintos aspectos importantes no seguimento posterior, como por exemplo detectar posibles complicacións de maneira precoz, comprobar que o paciente está tomando axeitadamente os fármacos no caso de que fose medicado ou comprobar que o paciente entendeu todas as explicacións e recomendacións que se lle deron durante o seu ingreso hospitalario. E, todos os datos obtidos desta consulta, máis as intervencións realizadas, quedarán rexistrados na historia clínica electrónica do paciente.

“Estamos a poñer en marcha unha iniciativa novidosa que supón máis obrigas para o persoal sanitario, concretamente o persoal de atención primaria, e supón máis dereitos para os galegos e máis compromisos coa sanidade pública en Galicia”, aseverou.

Por outra banda, o titular do Goberno galego, apuntou que esta iniciativa xa comezou a funcionar de forma pioneira en sete centros de saúde, que son o dos Mallos (A Coruña), Fontenla Maristany (Ferrol), San Roque Lugo), Oroso, O Carballiño, A Parda (Pontevedra), e Rosalía de Castro (Vigo). Segundo a enquisa de auditoría realizada sobre o funcionamento deste novo servizo, o 90 por cento dos destinatarios considerárono útil ou moi útil dito programa. Así mesmo, no 80 por cento dos casos indicaron que se lles axudou a comprender mellor as recomendacións recibidas no hospital.

No caso dos profesionais sanitarios, Feijóo destacou que afirman estar satisfeitos co servizo e subliñan como principais vantaxes a mellora do control dos pacientes, ou evitar posibles ingresos como consecuencia de complicacións evitables.

Para o presidente autonómico, esta iniciativa, que beneficiará aos arredor de 230.000 cidadáns que cada ano reciben unha alta hospitalaria, vai mellorar de forma importante o seguemento dos pacientes trala alta hospitalaria, incrementará a relación dos pacientes co seu servizo de atención primaria, mellorando a continuidade asistencial. Así mesmo, vai facilitar e axilizar a adaptación dos coidados do doente e axudará a previr precozmente os problemas de saúde que poidan xurdir despois dunha intervención cirúrxica complicada ou dunha alta hospitalaria dun paciente con pluripatoloxía ou un estado de saúde con dificultades severas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-titeres-redondela-2026.jpg) A programación desta nova edición volverá combinar espectáculos de sala, funcións de rúa, instalacións, música e propostas participativas arredor do mundo dos monicreques, con compañías galegas como Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Babaluva, Mircromina, Trécola Producións, Troula Animación ou Bico de Toupa, xunto a formacións chegadas de diferentes puntos do Estado e de países como Francia, Italia, Portugal, Uruguai ou Arxentina. Entre as montaxes destacadas figura A Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina Títeres, recoñecida nos Premios María Casares 2026, ademais de propostas premiadas como Gloria Bendita, de Arteria Producciones, ou Érase unha vez… dous pés!, da italiana Teatro dei Piedi.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.

Notas

Xornalista, escritora, activista e un dos discursos máis destacados do feminismo galego contemporáneo. Todas estas voces emanan da figura de Begoña Caamaño a quen neste 2026 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A USC a través da Biblioteca Universitaria e da Ãrea de Cultura súmase a esta homenaxe cunha mostra que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.
A UVigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, coa publicación da sexta edición do catálogo Quero ser investigadora, unha publicación que recolle a historia de dez científicas da UVigo para inspirar as investigadoras do futuro. Ilustrado pola artista Alba Casanova, a través da técnica do collage debúxase a historia de dez novas referentes, dez científicas, mulleres, dez nenas que contribúen a construír un relato da ciencia máis xusto e representativo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES