Notas de prensa

A Mariña Lucense, protagonista da VI Gala Lvcvs Moda 2015

6 deseñadores, 16 firmas de artesanía, 9 peluquerías estarán presentes na Gala Lvcvs Moda 2015, que se celebra o 16 de abril ás 21:00 horas no Círculo das Artes. A recadación das entradas destinarase integramente ao Fogar do Transeúnte.

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron, nun acto que tivo lugar na Capela de Santa María, a Gala Lvcvs Moda 2015, que terá lugar no Círculo das Artes de Lugo, o día 16 de abril ás 21:00 horas. Nesta ocasión, o evento, que volta a ser benéfico, está dedicado á Mariña lucense, deixando patente, unha vez máis, o apoio das institucións á riqueza natural e patrimonial da provincia, e impulsando o turismo neste enclave natural.

Méndez e Polín estiveron acompañadas por Eduardo Souto, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja, colectivo que, tal e como fixo o ano pasado, organiza esta iniciativa, que puxeron en marcha Deputación e Concello de Lugo cinco anos atrás. Ambas as dúas administracións continúan colaborando e patrocinando este evento, que é de carácter benéfico, pois todo o recadado coa venda de entradas irá destinado, integramente, ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.

A presentación da Gala tamén contou coa presenza de profesionais do deseño, moda, artesanía e imaxe que tomarán parte no evento, cuxo interese é a razón fundamental para a continuidade da Lvcvs Moda, xa que esta pasarela tense revelado como un importante factor de xeración de riqueza e creación de postos de traballo no sector.

Deseñadores, artesáns e expertos en imaxe

Na Gala Lvcvs Moda 2015 participarán 6 deseñadores: Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias, Tina Cortón e Chicadecanela. As 16 firmas de artesanía de toda a provincia son Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan, Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos. Os asistentes tamén poderán desfrutar do espectáculo que ofrecerán as 9 peluquerías presentes: Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. Todos eles amosarán os seus traballos de maquillaxe e peiteados.

Nesta Gala Lvcvs Moda 2015 son moitos negocios lucenses que prestan a súa colaboración, xa que supón unha imporante vía de promoción dos seus negocios. Son 10 as firmas colaboradoras: Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón, M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia.

Así pois, o vindeiro día 16 de abril, ás 21:00 horas, no Círculo das Artes, os lucenses teñen unha nova cita con estes 6 deseñadores, 16 artesáns e 9 profesionais da imaxe e a estética, que atraerán a atención dos medios de comunicación, como en anteriores ocasións. De feito, os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo posteriormente nas súas casas, posto que novamente os alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC gravarán integramente o evento para a súa promoción e difusión.

Entradas á venda

As entradas, que previsiblemente se esgotarán en poucos días, tal e como aconteceu en todas as edicións celebradas, poderán mercarse dende hoxe nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ao mesmo prezo que en anos anteriores: 20 euros. Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo, no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes.

PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:

Veritas Veritatis (Luis Areñas)
R/ Armanyá, 5. Lugo
982 225 979

María Tacón
R/ Castelao, 59-entrechán 2. Lugo
982 231 893

Montse Arias
R/ San Froilán, 44. Lugo
982 241 820

Tina Cortón
Praza de Santo Domingo, 3. Lugo
982 251 986/653 969 617

ChicadeCanela
Avda. da Coruña, 265-267. Lugo
649 950 980

Blanco y Negro Peluqueros
R/Músico Crisanto, 16. Rábade
982 391 221

Meyva Peluqueros
R/Galicia, 51. Lugo
982 252 607

Avalon Peluqueros
R/ Santo Grial, 11. Lugo
982 203 634

Eduardo Souto
R/Galicia, 37 . Lugo
982 803 029

Meyva
R/ Galicia, 51. Lugo
982 252 607

Miriam Souto
R/ Camiño Real, 148. Lugo
982 200 345

Mohama
Praza Maior, 11. Lugo
982 223 321

O Baúl da Beleza
Avda. de Vilalba, 2. Rábade
982 391 093

Vanessa Martínez Estilistas
R/ Portugal, 61-entrechán. Lugo
982 201 753

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2015-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES