Notas de prensa

Os premios Camiño de Santiago distinguirán iniciativas que poñan en valor as rutas xacobeas

Constarán de catro categorías destinadas a distinguir iniciativas ou actuacións dos concellos, das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e das pemes e actividades de carácter académico, investigador ou educativo. O obxectivo principal é contribuír a un aumento da conservación, difusión e a posta en valor do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución de Turismo de Galicia pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dos Premios Camiño de Santiago e se procede a súa convocatoria para este ano 2015.

Trátase dun recoñecemento institucional e social ás iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, así como aquelas outras que supoñan novos servizos ou a innovación e mellora daqueles que se prestan aos peregrinos e as accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, difusión e a posta en valor do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

Os principais obxectivos destes premios son avanzar na mellora do Camiño de Santiago especialmente en relación cos seus itinerarios e contornos ambientais, paisaxísticos e arquitectónicos e a súa protección xeral e posta en valor; aumentar a sensibilidade cidadá en relación coa relevancia dos valores do Camiño de Santiago, estimular o coñecemento do patrimonio xeral do Camiño e fomentar a colaboración cidadá en coordinación coas Administracións públicas.

Os premios do Camiño de Santiago constarán de catro categorías:

- 1ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e as áreas metropolitanas, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia e polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago.

- 2ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións desenvolvidas polas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

- 3ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades desenvolvidas por as pequenas e medianas empresas –pemes-.

- 4ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativo, con dúas modalidades: traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación ou cultura xacobea, ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago e traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo nos centros de ensinanza de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Premios de ata 15 mil euros

Nas categorías primeira, segunda e terceira establécense dous premios, un primeiro premio por importe de 15.000 euros e un segundo premio por importe de 5.000 euros.

Pola súa parte, para a cuarta categoría, se establece un premio de 10.000 euros para a modalidade de investigación e estudo, e outro premio para os traballos de carácter educativo de 5.000 euros.

O prazo de presentación das candidaturas será dun mes a partir de mañá, venres 10 de abril, día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute (ISSI), un equipo internacional liderado polo físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza) na que os seus membros analizaron os resultados preliminares dos estudos que están a facer sobre a contracción da estratosfera e sobre o risco de colisión entre obxectos.
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da Universidade da Coruña Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos que condicionan a chegada de humidade ao noso territorio.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES