Notas de prensa

Galicia, Pórtico Universal comeza o seu percorrido de 2015 en Burgos, co aniversario do Centro Galego

A presenza en Burgos, coa que arrinca o seu calendario para 2015, coincide co vixésimo aniversario do Centro Galego da cidade, e coa celebración do XXII Día de Galicia en Castela e León, que de maneira rotatoria ten lugar cada ano nalgunha das cidades da rexión que contan con comunidade galega asentada.

O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e Cultura de Burgos, Fernando Gómez Augado, e o presidente do Centro Galego desta cidade, Anxo Ferreiro Sarmiento, presentaron ‘Galicia, Pórtico Universal’, que ten lugar entre os días 17 e 19 deste mes.

A presenza en Burgos, coa que arrinca o seu calendario para 2015, coincide co vixésimo aniversario do Centro Galego da cidade, e coa celebración do XXII Día de Galicia en Castela e León, que de maneira rotatoria ten lugar cada ano nalgunha das cidades da rexión que contan con comunidade galega asentada.

Entre os eventos programados para esta efeméride, ademais da presenza de ‘Galicia, Pórtico Universal’, cabe destacar que se poñerá en escena no Teatro Clunia o espectáculo ‘Galicia, Camiño de Santiago’ do Bruxo Queiman e Andrea Pousa, cuxa recadación íntegra destinarase ao Banco de Alimentos burgalés. Tamén na véspera, o venres 17 de abril no Teatro Principal da cidade castelá, terá lugar outro concerto solidario organizado polo propio Centro Galego, e a cargo do grupo Foles e Ferreñas e o Orfeón Burgalés.

Comunidades activas

‘Galicia, Pórtico Universal’ é unha liña de actuación posta en marcha en 2013 e que quere dar a coñecer a Comunidade Autónoma galega aos cidadáns doutras Comunidades e países, xerando actividades de interese, participativas e lúdicas para a poboación das zonas nas que se asentan as comunidades galegas, e que neste 2015 comeza a súa andaina en Burgos. A iniciativa pretende cristalizar o afán de colaboración entre as comunidades galegas de fóra do territorio coa propia Administración galega, e tamén coas administracións locais dos lugares con colectividades galegas, e que conta no caso de Burgos co firme apoio das autoridades da cidade e da rexión, apoio que Rodríguez Miranda agradeceu na súa presentación.

O secretario xeral de Emigración da Xunta encomiou precisamente esta colaboración "por canto supón un novo fortalecemento nas boas e estreitas relacións entre Burgos e Galicia, e proba a integración e presenza galega na cidade. No caso de Galicia Pórtico Universal, os galegos da diáspora actúan como auténticos embaixadores da nosa terra, e o Centro Galego actuou como catalizador de luxo deste afán de colaboración".

Miranda tamén destacou na presentación da área que "ademais supón un magnífico expoñente de coordinación entre distintos departamentos dunha mesma Administración, e tamén entre varias administracións, mediante o cal se coopera e multiplícase o efecto, optimizando así os recursos”.

Importante éxito
O alto cargo da Xunta destacou a relevancia do papel do Camiño de Santiago -outro leit motiv de ‘Galicia, Pórtico Universal’- como “elemento integrador da irmandade entre todas as rexións que atravesa a milenaria ruta xacobea, elemento que serviu para dinamizar os novos retos e oportunidades que se nos presentan”, sinalou Miranda.

En total, a instalación hoxe presentada recibiu xa máis de cen mil visitantes, sesenta mil dos cales se achegaron durante o ano 2014 a coñecela e gozala en Barcelona, Hamburgo, Vitoria, Córdoba (de Andalucía) e Bos Aires, primeira vez que daba o salto alén do Atlántico. Na capital arxentina, participou no evento ‘Bos Aires celebra Galicia’, que supuxo un importante éxito de organización e participación a pesar dunha climatoloxía adversa, e que sorprendeu ás propias autoridades locais. No seu primeiro ano de funcionamento, 2013, ‘Galicia, Pórtico Universal’ xa fora visitada por máis de corenta mil acodes en Frankfurt, País Vasco (Santurce), Sevilla e Barcelona. A área xerou ata a data 150 aparicións en prensa escrita, radios e televisións nacionais e estranxeiras, e 1.700.000 impactos en redes sociais. Ao mesmo tempo, máis de 1.300 especialistas participaron activamente nas accións promocionais de produtos galegos.

A área

‘Galicia, Pórtico Universal’ é unha infraestrutura sinxela e moi versátil que inclúe unha exposición de artesanía galega, unha mostra de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, unha demostración en vivo dunha actividade artesá galega, área de información de turismo, e unha aula profesional de catas.

Inclúe ademais un punto de venda de produtos amparados polos consellos reguladores de produtos agroalimentarios con denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa, e como novidade nesta visita a Burgos, estrea o seu Centro de Negocios. Tamén cabe destacar que a súa aula especializada contará coa presenza dun dos cociñeiros galegos galardoados este ano cunha estrela ‘Michelin’.

Mercé ao éxito conseguido pola iniciativa ao longo de 2013 e 2014, o Goberno galego pretende dar empuxe a ‘Galicia, Pórtico Universal’ con visitas a outras cidades destacadas do ámbito nacional e internacional, e era a súa intención que neste percorrido de 2015 comezásese por Burgos, pola súa traxectoria de colaboración coa comunidade galega, pola súa relevancia económica en todo o norte do país, e “polas súas interesantes perspectivas de futuro en diversos sectores, nas que sen dúbida solicitará de novo o apoio das galegas e galegos residentes”, segundo destacou Rodríguez Miranda.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-04-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (carballo-interplay-2026.jpg) O Carballo Interplay desenvolverá do 16 ao 19 de abril no Mercado de Carballo a súa 13ª edición cun programa de 32 actividades arredor da creación dixital contemporánea, das series en pequeno formato, a cultura de internet e a reflexión sobre os novos modos de comunicar na rede. O certame reforza especialmente este ano a presenza do galego como lingua de creación, conversa e pensamento no ecosistema dixital, cunha programación específica arredor dos contidos no noso idioma nas redes sociais, accións formativas para a mocidade, premios dirixidos a recoñecer o talento que crea na nosa lingua e novas oportunidades para a produción de proxectos audiovisuais nados no ámbito dixital.
Foto de la tercera plana (cdc-circo.jpg) A Cidade da Cultura celebrará o Día do Circo o vindeiro 19 de abril co espectáculo 'Sen patrón', da compañía galega Pistacatro, recoñecida co Premio Nacional 2025 desta disciplina artística. A proposta terá lugar no Xardín do Teatro, ás 17,00 horas, con entrada libre e de balde. Así, o Día do Circo convértese nun momento para celebrar tamén a chegada da primavera cunha proposta escénica aberta, festiva e accesible para todo tipo de públicos, que combina cabaré, números aéreos e malabares cunha dramaturxia que reivindica tanto técnicas circenses tradicionais como contemporáneas. Pistacatro é unha das compañías e produtoras de circo máis relevantes das artes vivas de Galicia, que traballa a prol da profesionalización do circo na Comunidade, impulsando as carreiras de artistas e traballadores do sector.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, acaba de incorporarse oficialmente ao experimento CMS (Compact Muon Solenoid) do CERN, unha das principais colaboracións dentro da Organización Europea para a Investigación Nuclear. O CMS, xunto ao experimento ATLAS, foi o responsable de observar en 2012 o bosón de Higgs, un dos maiores fitos da física de partículas nas últimas décadas.
Chega a Vigo a súa gran cita anual coa Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, unha actividade que acada xa a súa 28 edición e que, un ano máis, “reúne na cidade unha mostra moi significativa do teatro que se está a facer no seo das universidades galegas e, moi especialmente, na UVigo”, tal e como recalca a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, quen convida a toda a cidadanía a aproveitar esta “grande oportunidade” que brinda a mostra para mergullarse no teatro que se está facendo na actualidade en Galicia, e tamén no estranxeiro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES