
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da escultura de Lladró San Francisco de Asís. O acto contou tamén coa participación da presidenta da compañía de porcelana, Rosa Lladró, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, o responsable provincial franciscano, José Antonio Castiñeira, e o delegado episcopal de Cáritas, Jesús García.
A directora de Turismo de Galicia, celebrou a presentación desta escultura de porcelana xusto o ano no que Galicia conmemora o VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
Nava Castro destacou que esta celebración está desenvolvendo en Galicia un programa de alcance internacional que está posicionando a nosa comunidade como destino cultural.
Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia sinalou que esta figura, súmase a outras grandes obras relacionadas co Santo de Asís realizadas con motivo desta conmemoración do Oitavo Centenario. Deste xeito, destacou diversas publicacións como a versión galega do libro As Floriñas, traducida do italiano medieval por Darío Xohán Cabana, un dos grandes expertos mundiais en literatura medieval italiana, e magnificamente ilustrada por Darío Basso, ou o Cómic de San Francisco de Asís. Outro gran legado desta celebración son os catálogos que nos deixaron exposicións tan relevantes como Peregrino e novo apóstolo, San Francisco no Camiño de Santiago ou as pezas realizadas para a mostra estrela deste Centenario, On the Road, que contou coa participación de prestixiosos artistas internacionais, sinalou Nava Castro.
A responsable de Turismo da Xunta recordou tamén os grandes eventos musicais e culturais, os congresos, así como os encontros vinculados coa temática xacobea que albergou Galicia no marco desta conmemoración. Así, destacou iniciativas como Cultura no Camiño, que contará este ano cunha nova edición con máis de trescentas actividades de teatro, música, circo ou maxia que dinamizarán culturalmente máis de noventa localidades situadas nos Camiños de Santiago, o Primeiro Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo ou a Primeira Travesía Náutica Xacobea. Así mesmo, recordou que o Oitavo Centenario rematará en xuño deste ano co Primeiro Encontro Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
Nava Castro concluíu afirmando que o VIII Centenario constitúe unha oportunidade única para coñecer Galicia. Todos aqueles que se queiran achegar a nosa comunidade poderán coñecer Galicia dende unha óptica especial, a través da figura de San Francisco e os seus valores, asegurou.
Unha iniciativa solidaria
Esta nova figura únese así as pezas de temática relixiosa da marca, entre as que destaca tamén a edición especial de Santiago Peregrino.
Ademais trátase dunha iniciativa solidaria xa que os beneficios obtidos coa súa venta durante o primeiro ano destinaranse ao albergue do Convento de San Francisco e a Cáritas.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.