Notas de prensa

31 obras finalistas compiten polos Premios AELG 2015

A AELG xa escolleu os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo.

Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:

Blog literario
§ Caderno da crítica, de Ramón Nicolás [http://cadernodacritica.blogaliza.org/]
§ Criticalia, de Armando Requeixo [http://armandorequeixo.blogaliza.org/]
§ Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García Fernández [http://garciateijeiro.blogspot.com.es/]

Ensaio
§ Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, de Aurora López e Andrés Pociña (Alvarellos Editora)
§ Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora)
§ Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, de Xosé Manuel Maceira Fernández (Alvarellos Editora)

Literatura Infanto-Xuvenil
§ Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
§ Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia)
§ Tes ata as 10, de Francisco Castro (Editorial Galaxia)

Xornalismo Cultural
§ Alberto Ramos
§ Blanca-Ana Roig Rechou
§ Carme Vidal
§ Montse Dopico

Narrativa
§ 55, de Xavier Queipo (Edicións Xerais de Galicia)
§ A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia)
§ Dende o conflito, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia)
§ Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos (Editorial Galaxia)
§ Olympia Ring, 1934, de Xabier López López (Editorial Galaxia)
§ Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga (Edicións Xerais de Galicia)

Poesía
§ A distancia do tambor, de Eva Veiga (Espiral Maior)
§ As voces da máscara, de Arcadio López-Casanova (Pen Clube de Galicia)
§ Celebración, de Gonzalo Hermo (Apiario)
§ dun lago escuro, de Marta Dacosta (Edicións Xerais de Galicia)
§ Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias (A. C. Caldeirón)

Teatro
§ Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, de Isabel Freire (Editorial Galaxia)
§ Lapsus. A comedia de existir, de Alfonso Pexegueiro (Axóuxere Editora)
§ Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)


Tradución
§ A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
§ Jude o escuro, de Thomas Hardy, en tradución de María Fe González (Editorial Hugin e Munin)
§ Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, en tradución de Isaac Xubín (Faktoría K de Libros)
§ Un matrimonio provinciano, da Marquesa Colombi, en tradución de Isabel Soto (Editorial Hugin e Munin)

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras. Hai fotos dispoñíbeis daqueles finalistas que son socios/as da AELG na fototeca da web da Asociación: http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPhotoLibrary.do


Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

Premio AELG 2015 "Institucións Culturais"
• Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
• Asociación de Medios en Galego

Premio "Mestras-es da Memoria" 2015
A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Josefa Arias e Emilio do Pando, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional

Escritor Galego Universal 2015

O escritor Luiz Ruffato será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. Con este nomeamento Ruffato súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga.

No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos” ás/aos xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro.

Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2015-04-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES