Notas de prensa

O auditorio Abanca de Santiago de Compostela acoge el preestreno de Hotel Almirante

Trátase da nova serie de Formato Producciones para a CRVTG e subvencionada por Agadic, baseada na novela da escritora lucense Marta Rivera de la Cruz. O proxecto obtivo 245.925 euros para o seu financiamento a través da convocatoria de axudas ao audiovisual de 2012. Antonio Cuadri é o director da fita que conta coa interpretación, entre outros, de Ana Turpin, Fernando Tato, Mariana Expósito ou Antonio Mourelos.

A produtora galega Formato Producciones levou a cabo no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela a preestrea da serie de televisión ‘Hotel Almirante’, que contou para o seu financiamento cunha subvención de 245.925 euros concedida en 2012 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o equipo artístico e técnico do filme neste acto de presentación, no que se amosaron as primeiras imaxes desta adaptación como miniserie televisiva de dous capítulos de 90 minutos da novela homónima da escritora lucense Marta Rivera de la Cruz. ‘Hotel Almirante’ está participada tamén por Televisión de Galicia, canle na que iniciará a súa emisión o próximo día 5 de abril.

Antonio Cuadri dirixe nesta proposta un reparto de actores e actrices galegos e de fóra de Galicia, entre os que se atopan Ana Turpin, Fernando Tato, Rosalía Castro, Xoque Carbajal, Mariana Expósito ou Antonio Mourelos. A película rodouse durante os pasados meses de outubro e novembro en distintas localizacións das provincias de Lugo e A Coruña. De feito, no Círculo de Belas Artes da capital lucense, onde se levou a cabo a maior parte da gravación, terá lugar mañá día 25 outra presentación do filme.

Ambientada nos anos 50, ‘Hotel Almirante’ conta a historia de Cristina Sanjuán, unha moza madrileña que escolle unha habitación do Hotel Almirante de Ribanova para rematar coa súa vida. Nunca antes estivera na cidade e ninguén a coñecía, pero Cristina tiña un motivo para querer que o escenario da súa morte fora precisamente aquel cuarto. A partir de aí, reconstrúese un apaixonante relato de amor, ao tempo que se desenvolve a crónica da vida do propio hotel, desde a súa fundación na segunda década do século XX ata os anos da posguerra.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES