
Con motivo da celebración do Día Meteorolóxico Mundial, Meteogalicia levou a cabo o lanzamento dunha radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, ascende a unha altura duns 25 quilómetros, aproximadamente, e proporciona información sobre o estado actual da atmosfera a medida que vai subindo.
Meteogalicia celebra o Día Meteorolóxico Mundial cunha xornada de portas abertas nas instalacións de Santiago e no radar de Cuntis. Os visitantes teñen a oportunidade de coñecer como se elabora a predición meteorolóxica, así como datos da rede de estacións meteorolóxicas e de calidade do aire ou aparatos de medición.
Por outra parte, tamén continúan as visitas dos centros escolares á Meteogalicia, polo que no terceiro mes de 2015 case 500 alumnos de primaria e da ESO coñecerán as instalacións deste servizo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Estas actividades divulgativas están enfocadas tanto a estudantes de centros de ensinanza, como ás asociacións culturais. Para iso, ademais de incluír visitas ás instalacións de Meteogalicia en San Lázaro, tamén se explican os pasos esenciais que se deben dar para realizar as predicións meteorolóxicas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.