AsÃnase un protocolo para a promoción de Galicia en Brasil a través das comunidades galegas de RÃo e Nierói
O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia asiste tamén en Brasil ao 75 aniversario do Recreio dos Anciâos, senlleira institución asistencial para a colectividade galega, coa que asina un convenio de colaboración. A visita inclúe contactos institucionais para incrementar a capacidade de negocio para o sector galego.
O secretario xeral da Emigración, Antonio RodrÃguez Miranda, inicia unha nova viaxe ao Brasil, na que, ademais de achegarse á realidade e actualidade das comunidades galegas, coñecerá en detalle as capacidades de negocio dos empresarios galegos do sector turÃstico en Brasil, e levará a cabo diversos contactos institucionais coas autoridades locais, ademais de asinar dous acordos en materia turÃstica e asistencial, respectivamente.
Ademais de reunirse con empresarios galegos asentados en RÃo de Xaneiro do sector turÃstico, cun moi importante peso especÃfico no paÃs, Miranda presidirá a sinatura dun protocolo de colaboración para a promoción de Galicia, na principal cidade brasileira, entre a asociación que os agrupa, o Clúster Turismo de Galicia, e a Xunta.
No ámbito das comunidades galegas, o secretario xeral da Emigración visitará a Casa de España, tamén en RÃo, e manterá un encontro coas colectividades galega e española, e cos representantes do Consello de Residentes Españois na devandita localidade. Tamén visitará a Asociación ‘Recreio dos AnciâosÂ’, que cumpre 75 anos, que está presidida pola galega Regina Jallas, e coa que a SecretarÃa Xeral da Emigración asinará un convenio de colaboración en materia socioasistencial.
Miranda reunirase asemade co conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, e coa nova cónsul xeral de España en RÃo. Tamén visitará nesta viaxe o Club Español de Niterói, entidade e localidade cunha importante presenza de galegos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-03-19
Actualidad

Galicia consolida o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e mantense por riba do 60%, máis de 13 puntos superior á media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Esta porcentaxe sitúa á nosa comunidade ao nivel dos paÃses con maiores Ãndices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca. Galicia é a comunidade autónoma onde o programa da gratuidade é máis completo, xa que ningunha outra ofrece ata 8 horas diarias e 11 meses por curso atención educativa totalmente de balde ao 100% do alumnado e en todas as escolas infantÃs: as públicas, as de iniciativa social e as privadas.

Os complexos hospitalarios universitarios de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de ser seleccionados para a administración de terapias CAR-T en pacientes adultos. Esa designación formalizarase mediante resolución da SecretarÃa de Estado de Sanidade, logo da validación por parte do Grupo Institucional do Plan para a Abordaxe das Terapias Avanzadas no Sistema Nacional de Saúde. Galicia xa dispoñÃa desde 2022 de dous centros designados polo Ministerio de Sanidade para a administración de terapia CAR-T: o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña administraba estes medicamentos avanzados en pacientes adultos e o de Santiago de Compostela en pacientes pediátricos.
Notas
Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future. Baixo este lema o CINBIO celebrará o vindeiro mes de xullo o seu oitavo Annual Meeting, renovando o seu firme propósito por visibilizar as ferramentas que marcarán a medicina do futuro. Un ano máis, Vigo converterase no punto de encontro no que cientÃficos de todo o mundo compartirán a súa experiencia en quÃmica, fÃsica, bioloxÃa, medicina, nanotecnoloxÃa e saúde.
Especialistas do Grupo Iacobus da USC abordarán do 21 ao 22 de maio a análise de diversas obras seleccionadas entre os numerosos bens culturais que conserva o Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. A finalidade deste foro que leva por tÃtulo 'Tempo de arte. Obras de museo III' é poñer en valor a súa colección e difundila á cidadanÃa a través deste curso monográfico coordinado por Miriam E. Cortés e Patricia Cupeiro, profesoras da USC, e Marcos Calles, director do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.