
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na presentación do cartel e o programa de actividades da Semana Santa lucense, acto organizado pola Xunta de Cofradías e na que estivo presente o seu coordinador xeral, Ramón Basanta. O organismo provincial colaborará un ano máis con esta cita, que habitualmente conta coa participación activa dunhas 3.000 persoas, e que supón un importante pulo para o turismo da provincia nesas datas. A Deputación fai unha achega de 12.000 euros, que serán destinados a cubrir os gastos derivados da organización e promoción de diferentes actos da Semana Santa lucense.
No acto, ao que tamén asistiu a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, Carmen Basadre; Méndez agradeceu o traballo realizado polas Cofradías para promover non só a Semana Santa lucense, a cidade e a provincia de Lugo, porque, á marxe do seu significado para os católicos, esta cita é unha oportunidade económica e turística de primeira magnitude. Méndez destacou os positivos datos que rexistra cada ano esta festividade, logrando unha ocupación hoteleira media en toda a provincia dun 90%, segundo sinalou Basanta, quen agradeceu á Deputación que se mostre sempre disposta a colaborar neste tipo de actividades e a importancia da sinatura deste convenio para poder mellorar ano a ano a Semana Santa que todos os lucenses merecen.
O organismo provincial colabora así coa Xunta de Cofradías, que engloba a seis irmandades da capital lucense: A Borriquita, Virxe da Esperanza, Desencravo do Señor e dos Maiores Dolores de María Santísima, Bo Xesús e do Nazareno, Santo Cristo do Perdón e Nosa Señora da Piedade, Sacramental e Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén.
Colaboración do Centrad
Por outra banda, a Deputación estende a súa colaboración coa Semana Santa ao Centrad, no que os seus artesáns foron os encargados de recuperar o manto que lucirá a imaxe da Virxe dos Dolores, que data dos anos 50, e que está bordado en fío de ouro. Esta tampouco é a primeira vez que o Centrad colabora coa Semana Santa lucense, xa que en anteriores ocasións os artesáns do centro encargáronse, por exemplo, de confeccionar preto de 50 traxes para popular Cofradía da Borriquita.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.