Turismo de Galicia continúa estes primeiros meses do ano 2015 co seu labor de promoción do destino turístico Galicia nos principais mercados internacionais. Así, entre os días 18 e 21 de marzo o ente de promoción turística da Comunidade galega participa na 22 edición do certame Moscow International Exhibition Travel & Tourism (MITT), que se celebra na capital de Rusia, Moscova. Ademais, desde o día 20 e ata o 22 de marzo, a Xunta de Galicia promoverá o turismo galego na feira TUR de Goteborg, Suecia.
Polo que respecta á MITT, esta feira constitúe o evento sectorial de turismo máis importante dos que se celebran en Rusia e está aberta tanto aos profesionais como a público xeral.
Esta é a cuarta vez que Galicia participa nesta feira, onde se consolidarán os contactos iniciados cos operadores turísticos rusos en anteriores edicións e se abrirán novas canles con outros empresarios de turismo rusos e outros mercados satélites.
A feira MITT é unha grande oportunidade para chegar a un mercado potencial moi interesante para Galicia, como é o mercado ruso.
Segundo os datos do INE, no pasado ano 2014, visitaron Galicia un total de 7.911 viaxeiros rusos rexistrándose 12.984 pernoitas nos establecementos hoteleiros da nosa comunidade.
Tur de Goteborg
Por outra parte Turismo de Galicia promoverá a oferta turística da Comunidade galega e o Camiño de Santiago no certame turístico Tur de Goteborg, Suecia, entre os días 20 e 22 de marzo.
Esta feira caracterízase por rexistrar unha grande afluencia de público final con interese nos produtos turísticos europeos e, neste caso, o Camiño de Santiago, así como os recursos turísticos galegos relacionados coa natureza terán unha presenza especial no certame.
Polo que respecta aos turistas suecos, en 2014, no ámbito hoteleiro rexistráronse 8.570 viaxeiros e 12.601 pernoitas, polo que tamén este mercado é un mercado de gran importancia para a nosa comunidade.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.