
Carlos Tellez Domínguez, alumno do Centro de Educación Especial O Pino de Ourense de 17 anos de idade, resultou o gañador do primeiro premio, na categoría especial, do concurso de debuxo 'Debuxa o teu almorzo', convocado pola Consellería de Sanidade xunto co Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia ao abeiro dun convenio de colaboración asinado para a promoción de estilos de vida saudable.
O premio consistiu na entrega de entradas para asistir o premiado e os compañeiros a un partido do COB, patrocinadas pola dita entidade e dun lote de frutas frescas subministradas polo Foro Interalimentario , para o centro educativo CEE O Pino.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez -acompañado polas xefas territoriais das consellerías de Sanidade e Cultura e Educación, María Villar e Mercedes Gallego, e polos membros do xurado deste concurso- presidiu o acto de entrega do galardón que contou coa presenza de 12 alumnos máis do CEE O Pino que tamén participaron no concurso. O acto incluíu a degustación dun almorzo saudable.
Na súa intervención, Martínez subliñou a importancia de levar hábitos de vida axeitados, especialmente no referente á alimentación, para que a poboación acade un estado óptimo de saúde e benestar, e os rapaces garantan o seu crecemento.
O almorzo é unha comida moi importante e contribúe a que os escolares teñan máis enerxía para desenvolver as súas actividades. Un almorzo equilibrado debe estar composto por un lácteo, cereais e froita.
En total 1.587 rapaces se presentaron á categoría xeral deste certame, para alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria; e 219 optaron á categoría especial, dirixida para usuarios de centros de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento. O segundo e o terceiro premio na categoría especial recaeron no CEE Manuel López Navalón, de Santiago de Compostela, e na Asociación de pais e titores de Pernas con Discapacidade Intelectual, de Lugo, respectivamente.
Plan Xermola
O concurso Debuxa o teu almorzo é unha actividade desenvolvida no marco do Plan Xermola, a estratexia do Goberno galego para a prevención da obesidade infantil e xuvenil, aprobado no pasado ano 2014 .
Actualmente, no noso país, un dos problemas de saúde máis importante, pola alta morbilidade que produce, é a obesidade, que nos últimos anos está a sufrir un incremento, especialmente nos rapaces. Segundo un estudo levado a cabo pola Consellería de Sanidade, un de cada 3 rapaces galegos de entre 6 e 15 anos presentan sobrepeso ou obesidade, o que pon de manifesto a necesidade de actuar de maneira proactiva neste ámbito.
En España padecen sobrepeso e obesidade o 53% da poboación adulta e o 33% da poboación infantoxuvenil, de 2 a 17 anos.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.