O BNG sumouse as manifestacións celebradas nas principais cidades e concellos do país para conmemorar o Día da clase obreira galega en defensa de futuro digno na terra, lembrando aos miles de galegos e galegas que sofren desde o paro, a emigración ou a ultraprecariedade laboral os efectos das políticas de recortes e neoliberais que aplica o PP na Xunta e desde o Goberno central.
Acordámonos nos miles e miles de persoas que están nas filas do paro a día de hoxe, e aos miles e miles de persoas que se viron obrigados a emigrar por falta de oportunidades laborais aquí, e dos miles e miles de persoas que padecen unhas condicións laborais indignas e mesmo, con contrarios ultraprecarios, con salarios mesmo por debaixo do salario interprofesional, con contratos por días, con condicións de vida insoportables, denunciaba o portavoz nacional, Xavier Vence, que participou na manifestación que percorreu as rúas de Santiago.
O dirixente do Bloque fixo un chamamento aos traballadores e traballadoras e ao conxunto da cidadanía para empezar pasar a páxina negra do PP nos próximos comicios locais do 24 de maio. É o momento de levantarse contra as políticas do PP que nos crean un presente de pobreza e un futuro de miseria, subliñou.
Vence deixo claro que o BNG non está disposto a resignarse e coa complicidade e apoio da cidadanía, espera conseguir mudar a situación a que nos ten conducido as políticas da dereita para acadar un futuro digno de traballo na terra, concluíu.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.