O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor Jesús de Juana presentaron no Centro Cultural Marcos Valcárcel o segundo volume da obra Galegos de Ourense, un libro que recolle as biografías de ourensáns ilustres ao longo da historia. Nesta segunda entrega figuran nomes como Ruiz de Padrón, Saco y Arce, Parada Justel, Alexandre Bóveda, Filomena Dato, Eduardo Barreiros, Carlos Casares, Jaime Quesada, Virxilio, Paz Nóvoa, Arturo Noguerol, Quiroga Palacios, José Velo, Luis Fábrega Coello, Eleuterio González, Alfonso Pazos Cid, Vázquez Gulías, Conde Fidalgo, Manuel Prego de Oliver, Delgado Gurriarán e Lauro Olmo.
Segundo explicou Manuel Baltar, este proxecto editorial recolle a biografía daqueles persoeiros que destacaron pola súa Ourensanía, persoeiros que teñen a característica común de ter contribuído a "facer Ourense" e levar o nome desta provincia nas diferentes disciplinas científicas, culturais ou sociais nas que desenvolveron a súa actividade profesional ao longo das súas vidas.
O presidente provincial subliñou que neste segundo volume figuran dezanove referentes máis da Ourensanía, biografías froito do traballo e estudo de doce recoñecidos investigadores, entre os que se atopan os coordinadores deste libro: Jesús de Juana, Julio Prada e Domingo Rodríguez Teijeiro, membros da Facultade de Historia da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.
Os protagonistas deste volume foron insignes representantes dun pobo que fecundou esta terra, Ourense, afirmou Baltar e engadiu que a súa obra anímanos a seguir construíndo este gran proxecto colectivo que ten orgullo de seu contemplando a rica personalidade e o extraordinario legado destes dezanove exemplos de ourensanismo. E o goberno provincial considera obrigado este exercicio de homenaxe permanente, que sirve tamén para que os máis novos, os ourensáns de hoxe e de mañá, ansíen achegarse ao coñecemento daqueles que figuran xa, por dereito propio, no escaparate de ourensáns a imitar.
Aparece este libro logo de que en 2014 a Deputación de Ourense subliñase a vixencia da obra de persoeiros como o Padre Feijóo, cumpríndose douscentos cincuenta anos do seu pasamento, ou Eduardo Blanco Amor, ano no que tamén lle outorgamos a Medalla de Ouro da provincia, a título póstumo, a Marcos Valcárcel, que pon nome ao Centro Cultural dependente desta institución. Tres nomes que serven para albiscar a pegada dos fillos desta terra de xente traballadora, creativa e emigrante, dixo Manuel Baltar, quen animou a seguir nesta andaina enchendo de máis biografías senlleiras un vindeiro volume deste proxecto editorial, que reforza o sentimento de Ourensanía que compartimos.
Pola súa banda, Jesús de Juana agradeceu á Deputación de Ourense e ao seu presidente a boa acollida deste proxecto e a súa aposta firme por levalo adiante, e destacou que o labor da Facultade de Historia de Ourense é a investigación pero tamén a divulgación, pois é necesario dar a coñecer os estudos que se fan sobre a nosa historia tanto recente como doutras épocas, para salientar o traballo de persoeiros senlleiros de Ourense.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.